Equipo de normalización lingüística
Semana de cine en Galego
Enviado por Lois o Ven, 09/12/2022 - 11:28O día 5 de decembro, o IES do Camiño iniciou a Semana de Cine en Galego. Este evento anúnciase desde hai semanas nos corredores do centro a través duns magníficos carteis creados polo alumnado de Imaxe e Son de 2º de Bacharelato.
Ademais, elaboráronse uns trípticos que se lle serán entregados a cada alumno/a á entrada da sala de proxección e que conteñen información relativa á sinopse, datos técnicos, crítica de especialistas e espectadores, etc. No folleto hai tamén un espazo en branco para que cada escolar faga a súa propia valoración do filme.
A primeira película que se proxectou é O monstro mariño, unha cinta de animación do estadounidense Chris Willians. Nela, uns épicos cazadores de monstros mariños sucan os mares na busca dos mesmos. Mais unha polisoa intrépida virá cuestionar a dicotomía bos/malos…, e moitas otras cousas.
Continuando coas proxeccións cinematográficas da Semana de Cine en Galego, o alumnado de 3º, 4º ESO e 1º FP Básica viu o mércores Vilamor, unha película na que o seu director (Ignacio Vilar) recrea a historia da comuna hippie que se estableceu na zona da Fonsagrada nos anos 70 (xusto cando remata a ditadura). Un filme moi axeitado para reflexionar sobre cuestións plenamente actuais como o abandono do rural, a preocupación polo medio ambiente, o fenómeno okupa, o compromiso social, etc.
Despois da proxección, haberá, como sempre, cinefórum na clase de Lingua Galega.
Para rematar a Semana de Cine en Galego deste ano, o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato asistiu o venres 9 á proxección de Elisa e Marcela, un filme de 2019, dirixido pola premiada Isabel Coixet.
Aínda que transcorreron 121 anos desde que estas dúas mestras decidiron vivir o seu amor dun xeito libre (con dolorosas consecuencias para ambas), os insultos, discriminacións e agresións ao colectivo LGTBI están moi vivos na sociedade actual. De aí a necesidade de lembrar a aquelas que loitaron no seu día por un mundo inclusivo, polo pensamento libre e a xustiza igualitaria
Tamén despois de ver esta cinta haberá cinefórum na clase de Lingua para facer unha reflexión colectiva sobre a mesma.
Letras Galegas 2022
Enviado por Anónimo o Mar, 21/06/2022 - 17:12Este ano adícaselle o Día das Letras Galegas a Florencio Delgado Gurriarán, o poeta refuxiado en México que contribuíu enormemente a manter viva na Galicia exterior a lingua e a cultura galegas, nun intre moi complicado para elas.
Partindo desa condición de exiliado do autor homenaxeado, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística quixo achegarse co alumnado á realidade dos refuxiados/as do século XX e dos nosos días. O resultado é un gran mural histórico e literario que todo o alumnado do centro (gran parte do cal traballou na súa elaboración) está a visitar nestes días finais de curso, con dous obxectivos: reflexionar sobre o drama humano destas persoas e fomentar a empatía con elas.
Día das Letras Galegas 2022
Enviado por Anónimo o Xov, 19/05/2022 - 21:31O venres 13 de maio, a creadora artística Fátima Delgado presentou no noso centro o espectáculo Poesía e pulso: os lugares de Florencio.
Foron 60 minutos de poesía e música electrónica. Con eses elementos, Fátima Delgado foi tecendo un relato que nos levou de Córgomo (verdadeiro locus amoenus natal de Florencio Delgado Gurriarán) ao horror da guerra e ao drama do exilio no acolledor México, país que lle había inspirar ao poeta mestizos versos galego-mexicanos. Nesta narración-recitado-dramatización, a saudade tivo un papel protagonista, igual ca o tivo na vida e obra de Florencio Delgado.
Deste xeito, o IES do Camiño celebrou o Día das Letras Galegas 2022, adicado ao insigne Florencio Delgado Gurriarán.
Obradoiro Municipal de Teatro de Palas
Enviado por Anónimo o Ven, 22/04/2022 - 20:46Este xoves compartimos escenario o Obradoiro Municipal de Teatro de Palas (do que o noso alumnado é compoñente principal) e a Aula de Teatro do IES Chan do Monte MOGOR de Marín. Dobre sesión de teatro na Casa da Cultura, ás 12:30 para os rapaces e rapazas de 1º e 2º de ESO representouse a obra HISTORIAS MÍNIMAS, e ás 13:30 para 3º, 4º e 1º de BAC a obra A GRAN FINAL.
Humor e crítica social; risas e aplausos; ata nos cuestionamos as nosas actitudes ante o que nos propón a sociedade sen máis. Deixámonos ir... e cando reparamos dificilmente nos recoñecemos.
Á par festexamos a nosa lingua e gozamos do teatro, a arte humana total!
Viaxe ao Teatro Principal de Ourense
Enviado por Anónimo o Mér, 09/02/2022 - 22:41O grupo de teatro Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei, do que forma parte alumnado do IES do Camiño de Palas de Rei, participaron xunto a outros centros educativos na mostra de teatro REVIRACONTOS, celebrada o día 9 de febreiro no Teatro Principal de Ourense.
Certame de fotografía As cores do outono 2021
Enviado por Anónimo o Xov, 16/12/2021 - 19:58O certame As cores do outono 2021 ten por obxectivo plasmar o outono do noso contorno en tódalas súas vertentes, sen límite á creatividade artística.
Nesta edición os premiados e premiadas no noso certame fotográfico son:
Xela Arias_Letras Galegas 2021: Infografía
Enviado por Anónimo o Lun, 17/05/2021 - 15:36O alumnado de 4º ESO achegouse á figura de Xela Arias indagando na súa vida e obra. Compartimos o traballo de Roi, Ismael e Brais, que tamén nos amosan a súa particular interpretación de tres poemas da autora.
Xela Arias_Letras Galegas 2021: Mural interactivo
Enviado por Anónimo o Dom, 16/05/2021 - 19:32O alumnado de 1º de FPB de Electricidade e Electrónica, este ano deulle un xiro inesperado aos murais convencionais, facendo un mural interactivo e con movemento. Para iso, aplicaron os seus coñecementos técnicos, xerando "vida" nos diferentes espazos do cartel. É a forma coa que lle quixeron render tributo a unha artista coma Xela Arias, tamén unha creadora nata, no seu caso de vocábulos e cun estilo auténtico na nosa lingua.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »