Servizo Premium
Información de contacto
Enviado por Anónimo o Dom, 19/09/2021 - 00:34O Servizo Premium trátase dun servizo que atende as seguintes necesidades:
Información sobre os distintos elementos do proxecto: consultas, dúbidas, ....
Comunicaicón e resolución de averias sobre o equipamento informático.
Comunicación e resolución de incidencias ou problemas técnicos sobre o entorno virtual de traballo e os contidos dixitais ofrecidos no dito entorno.
As nais, os pais ou o alumnado deberán dirixirse ao Servizo Premium para xestionar e solucionar calquera incidente ou dúbida que teñan sobre o equipo informático ou o acceso e uso da Plataforma de Contidos Dixitais (EVA) tanto en liña como offline.
O contacto co Servizo Premiun pódese facer durante as 24 horas do día, os 7 días da semana:
A través do número de teléfono 881 86 99 00
Do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.es
A través do WhatsApp no número 604 06 78 56
A través do Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal
Así mesmo esa atención tamén pode ser de xeito presencial, mediante técnicos que se desplazan á ubicación concreta onde se atopa o equipo do alumnado, se así fose preciso para a resolución da incidencia e tamén dispoñen de puntos de atención en diferentes puntos da xeografía galega.