Equipo de normalización lingüística

Xela Arias_Letras Galegas 2021: Cartelería

Os alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, así como de 1º Bacharelato, traballaron na creación de carteis con versos e imaxes representativas do universo Xela Arias. Fixeron caligramas, tamén poemas iconográficos, e empregaron técnicas como a colaxe. 

Xela Arias_ Letras Galegas 21: Creación audiovisual

Nesta publicación podedes ver os traballos audiovisuais que fixeron os alumnos e alumnas con motivo das Letras Galegas 2021. 

  •  Vídeo no que alumnado de 1º e 2º ESO recita e interpreta na lingua de signos un poema de Darío a diario. Unha proposta verdadeiramente inclusiva!

  • O alumnado de Agrupamento Específico (2º ESO), creou un videopoema. Nel as imaxes da vida de Xela Arias, así como da dos alumnos/as, interrelaciónanse con versos da poeta sarriá.

  • Emocionámonos co recitado que as alumnas e os alumnos de 1º FP Básica fixeron de poemas da autora homenaxeada. Podémolo ver nun vídeo cheo de   palabras, música e imaxes conmovedoras.

  • Os alumnos/as de Imaxe e Son (2º Bacharelato) tamén se sumaron á homenaxe. Neste caso, cun vídeo no que, ataviados con roupa negra, recrearon as ilustracións dos poemas de Tigres coma cabalos, libro do que recitan versos nesta montaxe.

Aquí podedes ver o traballo realizado: 

Letras Galegas 21: XELA ARIAS

O IES do Camiño súmase á homenaxe que neste mes das Letras Galegas se lle está a facer a Xela Arias.

 

Ela dicía que a poesía non hai que entendela, senón sentila. E desde a emoción e o sentimento, o noso alumnado realizou unha manchea de traballos, que imos estruturar en 4 apartados:

 

1. Creación audiovisual.

- O alumnado de Agrupamento Específico (2º ESO), creou un videopoema. Nel as imaxes da vida de Xela Arias, así como da dos alumnos/as, interrelaciónanse con versos da poeta sarriá.

- Emocionámonos co recitado que as alumnas e os alumnos de 1º FP Básica fixeron de poemas da autora homenaxeada. Podémolo ver nun vídeo cheo de  palabras, música e imaxes conmovedoras.

- Temos outro vídeo no que alumnado de 1º e 2º ESO recita e interpreta na lingua de signos un poema de Darío a diario. Unha proposta verdadeiramente inclusiva!

- Os/as alumnos/as de Imaxe e Son (2º Bacharelato) tamén se sumaron á homenaxe. Neste caso, cun vídeo no que, ataviados con roupa negra, recrearon as ilustracións dos poemas de Tigres coma cabalos, libro do que recitan versos nesta montaxe.

 

2. Mural interactivo.

O alumnado de 1º FP Básica creou un mural no que expresa o que lle transmitiu o poema que Xela Arias adicou en 2002 a Man (o alemán de Camelle), quen morreu de pena días despois de que o Prestige anegara de chapapote o seu mundo. E ese mundo é o que aparece no mencionado mural. Para facelo, empregáronse diversos materiais ( pedra, madeira, teas…), ademais de motores, pilas, etc. Deste xeito, é posible interactuar (pulsando uns botóns) con esta orixinal forma de expansión poética.

 

3. Cartelería.

Os alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, así como de 1º Bacharelato, traballaron na creación de carteis con versos e imaxes representativas do universo Xela Arias. Fixeron caligramas, tamén poemas iconográficos, e empregaron técnicas como a colaxe. 

 

4. Creacións de deseño gráfico.

Pola súa banda, o alumnado de 4º ESO fixo infografías que explican figurativamente a vida e a obra de Xela Arias.

 

*O ENDL dá as grazas ao alumnado e profesorado que tanto traballou nesta homenaxe á singular poeta que é  Xela Arias.

 

Nas seguintes publicacións da páxina web podedes ver os traballos do alumnado

Obradoiro de portugués

O xoves 22 de abril tivemos un "Obradorio de portugués" ao que asistiron os cursos de 2 e 4 ESO e 1 BAC. 

 

Obradoiro "Elas. Poesía de muller"

Este mércores 10 de marzo,  alumnado do noso centro participou no obradoiro "Elas. Poesía de muller"impartido pola poeta, editora e investigadora Dores Tembrás. Houbo dúas sesións: unha para 1º e 2º da ESO, e outra para 4º da ESO e 1º de Bacharelato.  

Os alumnos e alumnas responderon con entusiasmo a esta pouco convencional proposta de achegamento á palabra poética. Utilizando a emoción e a musicalidade como chaves, Dores foi abrindo para o noso alumnado as portas de acceso a poemas de destacadas autoras do panorama galego actual, como Olalla Cociña, María Lado ou Yolanda Castaño.

Foi unha experiencia verdadeiramente singular e interesante

Concurso de microrrelatos anticovid

Os equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e da Biblioteca do IES do Camiño convocan o CONCURSO DE MICRORRELATOS ANTICOVID.

 

Fotografías do concurso "As cores do outono"

Que mellor xeito de rematar este ano 2020 que co traballo  que os nosos nosos alumnos e alumnas realizaron no concurso "As cores do outono". No  seguinte vídeo podedes ver todas as fotografías que se presentaron e os textos que as acompañan.

Desexamos que vos gusten tanto como a nós. 

Grazas aos participantes por facelo posible. 


 

Traballando o 25 NOVEMBRO 2020

A comunidade educativa do IES do Camiño énchese de palabras e imaxes coas que expresar o seu rexeitamento á violencia exercida contra as mulleres. Palabras que desprenden un potente NON ás agresións, ás humillacións, á desigualdade e exclusións sufridas polas mulleres.

Samaín _ Noite de defuntos 2020

Este ano é un ano diferente aos outros, no que temos que coidarnos, protexernos e ser moi coidadosos e coidadosas coas medidas de seguridade nesta pandemia que estamos a vivir.

Día das Letras Galegas 2020

Nunca se deixou de celebrar no IES do Camiño de Palas de Rei o día das Letras.  

Distribuir contido