Comisión de Convivencia
TEI: entrega de diplomas e carnés
Enviado por Anónimo o Mér, 23/01/2019 - 10:02Hoxe, martes 22 de xaneiro, fixemos entrega dos diplomas e dos carnes aos titores e titoras de 3º e 4º da ESO que participan no programa TEI (titorización entre iguais), contamos coa presenza de Andrés Vázquez, exdirector do centro e impulsor do programa no noso instituto.
TEI - Facendo de detectives
Enviado por Anónimo o Xov, 03/01/2019 - 03:02Durante este primeiro trimestre estivemos traballando cos alumnos e alumnas de 1º, 3º e 4º da ESO en sesións informativas e formativas do programa TEI, a mellora da convivencia no centro e a prevención do acoso escolar.
Continuamos co TEI
Enviado por Anónimo o Mér, 10/10/2018 - 09:59Hoxe, 9 de outubro, tocou a quenda aos alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO. Así que sacamos o paracaídas ao patio e aproveitamos para seguir coñecéndonos un pouco máis.
Comenza o TEI 2018/19
Enviado por Anónimo o Xov, 04/10/2018 - 10:01Hoxe, día 2 de outubro, botamos a andar o programa do TEI (Titorización entre iguais) para o curso escolar 2018/19. Nesta primeira sesión fixemos unha presentación do programa aos alumnos e alumnas de 1º da ESO.
Mediante xogos colaborativos co paracaídas desfrutamos dunha sesión ó aire libre e aproveitamos para coñecernos un pouco e aprender xogando.
Programa TEI
Enviado por Anónimo o Mér, 20/12/2017 - 19:34Hoxe, realizamos una actividade conxunta, dentro do PROGRAMA TEI, entre os titores e titoras de 3º e 4º da ESO cos seus titorandos e titorandas de 1º da ESO.
Para un mellor desenvolvemento da actividade dividimos ao alumnado en dous grupos, así por un lado reflexionaron, mediante unha serie de preguntas, sobre dous vídeos que proxectamos: “RED” e “ RIRTE COMO BULLYING TRANSFÓRMATE EN CÓMPLICE” e polo outro lado, realizamos un exercicio de “escoita activa”, no que cos ollos vendados tiñamos que seguir as indicacións do/a titor/a para poder realizar un circuíto con obstáculos que montamos no ximnasio do centro.
Pasamos un rato divertido e serviunos, ademais, para seguir traballando na mellora da convivencia, do respecto, da integración e das relacións entre os nosos iguais.
25 NOV - DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Enviado por Anónimo o Sáb, 25/11/2017 - 16:50O IES do Camiño tamén quixo poñer o seu gran de area na loita contra a violencia de xénero, por iso, ao longo destas dúas semanas, as nosas alumnas e alumnos, traballaron a través das titorías no caso do alumnado da ESO e da materia de TIC no de 1º de Bacharelato, na elaboración dunha curta onde se puxera de manifesto as situacións de maltrato que sofren a diario as vítimas de violencia de xénero, así como as situacións de micromachismos que vivimos á cotio na nosa sociedade.
PROGRAMA TEI 2017/18
Enviado por Anónimo o Mar, 14/11/2017 - 22:46Como cada curso, dende hai catro anos xa, poñemos en marcha o programa TEI (Titoría entre Iguais) no instituto, no que o alumnado de 3º e 4º da ESO titoriza ao alumnado de 1º da ESO para facilitar a súa integración e continuar na senda de ser un instituto TEI, é dicir, “tolerancia cero con quen exerce calquera tipo de violencia”. A fin de acadar un mellor clima de convivencia e fomentar unhas relacións entre os membros da comunidade educativa satisfactorias.
Arrancamos este curso académico coa formación aos titores e titoras de 3º da ESO e coa información ao alumnado de 1º da ESO, unha vez realizada estas accións, pasamos a celebrar, no dia de hoxe, a entrega de Diplomas que acredita ao alumnado de 3º da ESO como titores/as dos alumnos e alumnas de 1º da ESO. Así mesmo fíxoselle entrega do carné de titor/a e un dossier formativo sobre os temas tratados nas sesións previas.
Por último, levouse a cabo a asignación de titores/as e titorizados/as, que deu comezo ás actividades que vamos a desenvolver neste curso, sendo a primeira delas unha entrevista tanto do titor/a ao titorizado como ao revés, coa intención de que se coñezan e dean paso á relación que os vai unir ao longo deste curso e que, seguramente, deixará unha semente para os anos que pasen no centro educativo.
Durante este acto estiveron presentes os coordinadores do Programa TEI: Elena Cagide, Andrés Vázquez e Cristina Eiras., ademais daqueles profesores e profesoras que puideron asistir.