Programa TEI
Hoxe, realizamos una actividade conxunta, dentro do PROGRAMA TEI, entre os titores e titoras de 3º e 4º da ESO cos seus titorandos e titorandas de 1º da ESO.
Para un mellor desenvolvemento da actividade dividimos ao alumnado en dous grupos, así por un lado reflexionaron, mediante unha serie de preguntas, sobre dous vídeos que proxectamos: “RED” e “ RIRTE COMO BULLYING TRANSFÓRMATE EN CÓMPLICE” e polo outro lado, realizamos un exercicio de “escoita activa”, no que cos ollos vendados tiñamos que seguir as indicacións do/a titor/a para poder realizar un circuíto con obstáculos que montamos no ximnasio do centro.
Pasamos un rato divertido e serviunos, ademais, para seguir traballando na mellora da convivencia, do respecto, da integración e das relacións entre os nosos iguais.