A dinámica da árbore

Nas últimas sesións de titoría co alumnado de 2º da ESO, Elena e Cristina, aproveitaron para traballar a autoestima, a través do mindfulness no que a música xogou un papel esencial, convertémonos en arbores, onde as raíces, o tronco e as follas teñen un significado e démonos conta do difícil que é identificar as nosas cualidades positivas, así como o necesario que é recoñecelas para saber que accións levamos a cabo para obter resultados positivos.

Así mesmo, fixemos unha posta en común das nosas árbores e reflexionamos sobre as "nosas tormentas" que é o que move a nosa árbore, por que é necesario ter unhas raices fortes e finalmente que necesitamos?

As conclusións ás que fomos chegando entre todos e todas, anotámolas na lousa.

Comprobamos como aspectos que antes non tiñamos tan presentes agora cobran unha especial relevancia como a saúde ou a necesidade de facer aquelas cousas que nos gustan e que agora non podemos. 

É importante facer estas reflexións para coñecernos a nososutros mesmos, saber que queremos, que queremos conseguir e como o vamos a conseguir. Se facemos exercicios de reflexión e autocoñocemento poderemos coñecer as nosas fortalezas e oportunidades que nos permitirán alcanzar as metas que nos propoñemos nos diferentes ámbitos da nosa vida.

Podemos ver esta imaxen e outras na galería de fotos do instituto: