Complementarias
"A aventura de ilustrar", con Primitivo Marcos
Enviado por Fran o Xov, 14/11/2024 - 17:06Este xoves puidemos contar co debuxante Primitivo Marcos, que ofreceu unha charla para o alumnado de 1º e 4º de ESO. Nunha primeira parte, o autor falounos do proceso creativo na elaboración do seu cómic "O paso do Noroeste. As aventuras do capitán Duchesnoy". A segunda parte centrouse na figura de Castelao como creador plástico.
Excursión a Chaves (Portugal)
Enviado por Lois o Mér, 29/05/2024 - 09:53O martes 28 de Maio o alumnado de 2º e 4º da ESO, así como de 1º de Bacharelato, acompañados do profesorado do Departamento de Historia, visitou a cidade portuguesa de Chaves. Nesta xornada tívose ocasión de coñecer diferentes monumentos desta histórica localidade da Gallaecia, como o castelo, a ponte, o museo ou as recentemente descobertas termas romanas. Do mesmo xeito, tívose ocasión de degustar o famoso pastel de Chaves e practicar a lingua aplicando os coñecementos do alumnado da materia de Português de 2º da ESO.
25N: día contra a violencia machista
Enviado por Lois o Mar, 28/11/2023 - 12:29O pasado día 25 de novembro celebramos o día Contra a violencia machista nunha xuntanza moi fermosa do noso alumnado co do CEIP Plurilingüe de Palas de Rei, ao que agradecemos moito a súa hospitalidade. Xuntos visualizamos un vídeo do seu alumnado de 5º curso e asistimos á lectura dun manifesto e duns poemas do noso alumnado. Todos comprometidos coa erradicación da violencia contra as mulleres.
Charla de educación viaria
Enviado por Lois o Ven, 17/11/2023 - 12:34O día 16 de outubro tivemos unha charla de educación viaria por parte da autoescola Curson sobre os riscos de conducir baixo o efecto do alcohol e das drogas ou do uso dos dispositivos móbiles ao volante. Ademáis ao rematar sortearon entre o noso alumnado un vale pola teórica e seis prácticas e dous vales pola teórica para o carnet de coche.
"Mozas do rural con proxecto"
Enviado por Anónimo o Sáb, 12/10/2019 - 19:32O venres 11 de outubro, os alumnos e alumnas de 1º da ESO, participaron na actividade: "Mozas do rural con proxecto" e viviron de primeira man, grazas aos alumnos e alumnas do CS de Gandería e asistencia en sanidade animal de Coristanco, como emprenden as mulleres do rural a través de tres iniciativas que se dan na Comarca da Ulloa:
Le tour du monde en 80 jours
Enviado por Anónimo o Mar, 21/11/2017 - 16:56O departamento de Francés, co
Visita a Sotavento
Enviado por Anónimo o Mér, 25/10/2017 - 22:41Os alumnos e alumnas de 3º, 4º de ESO e 1º e 2º de Bac visitaron hoxe o Parque Eólico Experimental de Sotavento. Trátase dunha instalación produtora de enerxía eólica, pero tamén é centro de divulgación e promoción das enerxías renovables en xeral, do aforro e a eficiencia enerxética. Non hai dúbida de que despois desta experiencia o compromiso do alumnado co Medio Ambiente fíxose máis forte.
E pola tarde visitamos o Pedregal de Irimia, na Serra de Meira, onde nace o Miño.