"Mozas do rural con proxecto"
Enviado por Anónimo o Sáb, 12/10/2019 - 19:32
O venres 11 de outubro, os alumnos e alumnas de 1º da ESO, participaron na actividade: "Mozas do rural con proxecto" e viviron de primeira man, grazas aos alumnos e alumnas do CS de Gandería e asistencia en sanidade animal de Coristanco, como emprenden as mulleres do rural a través de tres iniciativas que se dan na Comarca da Ulloa:
- Queixo Bisqato
- Arqueixal
- Milhuolloa Plantas Medicinais e Aromáticas
Grazas por deixarnos participar e compartir con nos estas experiencias nun enclave tan especial como o de "Arqueixal Ecograturismo" en Albá - Palas de Rei.
E aquí tedes un pequeno resumo en imaxes da xornada.