ESO
Obradoiro de portugués
Enviado por Lois o Ven, 20/10/2023 - 11:34O mércores 18 de outubro, a totalidade do alumnado de 1º ESO máis o da materia de Portugués de 2º, asistiu ao obradoiro O PORTUGUÊS TÃO PERTO, ofrecido pola AGAL e a Deputación de Lugo.
O alumnado tomou conciencia neste ateliê da vantaxe que representa a nosa lingua á hora de acceder ao ámbito social, cultural e mesmo laboral de numerosos países en todo o mundo.
Ademais, os alumnos e alumnas ficaron sorprendidos ao comprobar que, por sermos galegofalantes, a lingua portuguesa é moi doada de aprender para nós, de xeito que en apenas uns minutos foron quen de construír frases perfectamente correctas en portugués.
Charla de Francisco Rodríguez
Enviado por Lois o Mar, 25/10/2022 - 11:03O pasado 20 de outubro recibimos no instituto a Francisco Rodríguez co gallo da publicación do segundo tomo da súa última obra, recentemente publicada: “Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza. A segunda metade do século XIV”.
Francisco Rodríguez é catedrático de educación secundaria (foi un dos primeiros profesores de ensino secundario en dar aulas en galego, en plena ditadura), activista cultural, político e escritor, estando entre os seus obxectos de estudo e preocupación tanto a lingua como a historia medieval do noso País.
Na palestra que impartiu, partillou co alumnado de 2º e 3º da ESO diversos aspectos da historia do Reino de Galiza, e trasladou a relevancia que acadou no seu contexto histórico, así como a importancia de recuperarnos a memoria daquel tempo para construírmos o noso futuro.
Charlas cívico-tributarias
Enviado por Alejandra o Lun, 24/10/2022 - 11:18O pasado xoves 20 de outubro, o alumnado de 2º da ESO, 4º da ESO e FPB, gozamos da visita de María e Majo, dúas traballadoras da Axencia Tributaria ou Facenda de Lugo.
Con elas puidemos reflexionar sobre a impotancia da existencia e o pago de impostos para poder dispoñer de bens e servicios públicos (dos que moitas veces non somos conscientes dos custos reais dos mesmos) así como os diferentes impostos do noso sistema tributario.
Queda tamén aberto o prazo para poder participar no concurso de Facenda sobre este tema e calquer alumno ou alumna do IES pode dirixirse á profesora de Economía para solicitar as bases e participar.