Visita aos Museos Científicos d'A Coruña

Este luns, día 4 de abril, o alumnado de 1º e 2º da ESO realizou unha visita aos museos científicos d’A Coruña, visitando a Domus e o Aquarium Finisterrae.

Comezamos a mañá na Sala Leonardo dá Vinci da Domus asistindo á proxección do documental “Wilmed, o último bosque mediterráneo”, e a continuación dispuxeron de tempo para visitar as instalacións do que foi o primeiro museo interactivo do mundo dedicado integramente ao ser humano, onde tiveron ocasión de divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana.

Despois fomos ao  Aquarium Finisterrae, un centro público de ciencia dedicado á educación ambiental e á divulgación científica de temas mariños, que ten como obxectivo promover o coñecemento do océano e actitudes de agarimo cara ao mar e a vida mariña. Alí puidemos gozar vendo como  os coidadores/as alimentan ás  focas do acuario para posteriormente realizar unha visita polas salas  de exposición do museo, e por  suposto, ver a Gastón, o especimen máis famoso do acuario, trátase dunha quenlla touro que comezou a nadar na sala Nautilus en maio de 2006.

Rematamos a visita xantando no merendeiro da Torre de Hércules, ao carón da Praia das Lapas,  onde algúns alumnos e alumnas non quixeron despedirse d'A Coruña sen probar a temperatura da auga, metendo os pés no mar.

 

Álbum: Curso académico 2021/22 -> Visita aos museos científicos d'A Coruña