Presentación do calendario de fauna da Finca de Quintas (A Ulloa)

Este 4 de marzo o INSTITUTO DE ESTUDOS ULLOÁNS presentou no centro un calendario do 2024 con texto e ilustracións da fauna da finca de Quintas. O biólogo e Xurxo Mouriño, Coordinador da Sección de ciencias, medioambiente e educación ambiental, falou e comentou cada un dos animais que co seu debuxo, elaborado polo alumnado do centro coa colaboración do departamento de Ciencias Naturais e Artes Plásticas, e texto, do propio Xurxo Mouriño e Cristina Varela, acompañan aos meses.

A avefría de xaneiro, a papuxa do mato en xullo, ou o tritón marmorado de decembro, entre outros animais, van colmando o decurso do ano mes a mes. Coñecemos costumes deles, reparamos en que existen e nos acompañan na biodiversidade, lembramos e recuperamos os seus nomes e vocabulario propio.

O IES do Camiño agradece ao IEU, e en especial a Hilda García Cabanas e a Xurxo Mouriño, o seu traballo e achega nesta iniciativa para que rapaces e rapazas ulloáns coñezan, valoren e estimen a riqueza natural na que viven.

 

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Finca de Quintas