Charla cívico-tributaria
Enviado por Fran o Mér, 30/10/2024 - 10:05O departamento de Economía do noso centro participa no programa Cívico-tributario da AEAT. O alumnado de 4º da ESO recibiu, este martes 29, unha charla sobre a importancia dos impostos para o Estado do Benestar, así como o funcionamento dalgúns dos tributos máis importantes. A charla foi impartida por dúas traballadoras da Axencia Tributaria de Lugo.
Datas e horarios para as presentacións do inicio de curso 2024/25
Enviado por Lois o Lun, 08/07/2024 - 09:44Pode consultar as datas e horarios das presentacións na seguinte ligazón: Pesentacións setembro 2024
Lembramos que os días das presentacións non hai clase. As clases comezan o luns 16 ás 8:30 da mañá segundo o horario que se facilitará ao alumnado o día da presentación.
Libros de texto para o curso académico 2024/2025
Enviado por Lois o Ven, 28/06/2024 - 14:41Pode consultar a listaxe de libros de texto para o curso 2024/2025 na seguinte ligazón: Libros de texto do IES do Camiño 2024/2025 (nótese que hai materias ou cursos nos que se indica a necesidade de agardar a principio de curso e falar co profesorado para confirmar que se vai a usar o libro de texto indicado).
Matrícula para o curso 2024/2025
Enviado por Lois o Mér, 19/06/2024 - 11:52O prazo de mátrícula para o vindeiro curso é:
Día 25 de xuño: 1º ESO e 2º ESO
Día 26 de xuño: 3º e 4º ESO
Día 27 de xuño: 1º e 2º BAC
Horario: de 9:00 a 14:00. Os sobres de matrícula entregaranse ao alumnado o venres 21 de xuño xunto co seu boletín de notas.
Para máis información premer aquí: Información de matrícula 2024/2025
Admisión FP para o curso 2024/2025
Enviado por Lois o Mar, 18/06/2024 - 12:53Información xeral: https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-24-25
Asistente web para facer a solicitude: https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/
Antes de facer a solicitude debedes premer en FP. A alta de solicitude a ciclos formativos sen certificado dixital nin usuario.
Vídeo de axuda: https://youtu.be/TMRJTMi-xyY
Calendario final de curso (entrega notas)
Enviado por Lois o Xov, 13/06/2024 - 12:31As notas da Avaliación Extraordinaria de 2º de Bacharelato entregaranse o xoves 13 de xuño ás 18h e as da Avaliación Extraordinaria de 1º de Bacharelato, as de fin de ciclo de FPB e as da ESO entregaranse o luns 24 de xuño ás 14h. Para máis información premer aquí.
Recital poético no centro de día
Enviado por Lois o Mar, 11/06/2024 - 10:00O día 4 de xuño os/as voluntarios/as da biblioteca e algún dos membros do club de lectura do IES do Camiño acudiron ó Centro de día de Palas de Rei a facer un recital poético. Ademais de lecturas e flores participamos nun “pasapalabra” e recibimos un marcapáxinas elaborado polos usuarios/as. Aproveitamos este medio para agradecer o recibimento, os agasallos e a boa disposición do persoal do centro. Foi un encontro emotivo e ben bonito. Grazas a todas/os!
Club de lectura do alumnado
Enviado por Lois o Mar, 11/06/2024 - 09:59O día 24 de maio reunímonos o club de lectura do alumnado. Neste caso comentabamos dúas obras: Blackwater e La última bruja. A primeira é unha saga, inédita ata ó momento en España, de Michael Mcdonell. A segunda foi unha petición do alumnado logo do éxito de Los dioses del Norte. A este encontro acudiron algúns dos voluntarios/as de la biblioteca, pois aproveitamos para organizar o próximo recital poético. Para isto último contamos cunha maleta viaxeira de poesía cedida polo CEFORE de Lugo.
Grazas a todos/as por ler, acudir e participar nestas iniciativas.
Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023-2024
Enviado por Lois o Ven, 07/06/2024 - 12:34Para máis información premer na seguinte ligazón:
Excursión a Chaves (Portugal)
Enviado por Lois o Mér, 29/05/2024 - 09:53O martes 28 de Maio o alumnado de 2º e 4º da ESO, así como de 1º de Bacharelato, acompañados do profesorado do Departamento de Historia, visitou a cidade portuguesa de Chaves. Nesta xornada tívose ocasión de coñecer diferentes monumentos desta histórica localidade da Gallaecia, como o castelo, a ponte, o museo ou as recentemente descobertas termas romanas. Do mesmo xeito, tívose ocasión de degustar o famoso pastel de Chaves e practicar a lingua aplicando os coñecementos do alumnado da materia de Português de 2º da ESO.