Festa de nadal 2023

O día 21 de decembro despedimos a primeira avaliación coa festa do nadal na que o alumnado de varios cursos cantou panxoliñas, entregáronse os premios do Concurso de decoración de portas de nadal: 1º premio para 2ºESO, 2º Premio para 2º FP Básica 3 3º premio para 3ºESO. E rematamos a festa cunha turranada moi doce. Bo nadal a todos e todas!! e feliz aninovo!!

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Festa de nadal 2023

Programa PIALE

Durante o pasado mes de outubro, unha profesora de lingua inglesa, Carmen Ares Fernández participou no programa PIALE da Consellería de Educación. Xunto con outros profesores de toda Galicia, estivo na cidade de Toronto, en Canadá co fin de perfeccionar o idioma inglés, e ao mesmo tempo, vivir unha experiencia educativa, e comparar o sistema educativo canadiense co galego. A profesora destacou que a experiencia serviulle para mellorar a súa competencia lingüística, así como coñecer o funcionamiento e a realidade dun centro de secundaria estranxeiro, coñecer as condicións laborais do profesorado doutro país, ampliar coñecementos culturais por medio de actividades diversas e establecer relacións persoais con profesionais doutros centros educativos no estranxeiro.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Programa PIALE

O 25N na biblioteca

Con motivo do 25N na biblioteca do IES do Camiño convidamos ao alumnado a deixar a súa pegada en forma de bolboreta participando así, como xa fixeramos en anos anteriores, no proxecto "El latido de las mariposas". Ademais abrimos unha porta violeta signando un pedaciño da canción de Rozalén e escribimos mensaxes contra a violencia. Grazas a todas/os por vir!!

Álbum: Curso académico 2023/24 -> O 25N na Biblioteca

25N: día contra a violencia machista

O pasado día 25 de novembro celebramos o día Contra a violencia machista nunha xuntanza moi fermosa do noso alumnado co do CEIP Plurilingüe de Palas de Rei, ao que agradecemos moito a súa hospitalidade. Xuntos visualizamos un vídeo do seu alumnado de 5º curso e asistimos á lectura dun manifesto e duns poemas do noso alumnado. Todos comprometidos coa erradicación da violencia contra as mulleres.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> 25N: Contra a violencia machista

Semana do cine en galego

O IES do Camiño prepárase para a Semana do Cine en Galego. Xa se pode ver nos corredores do centro a exposición de carteis sobre a mesma, elaborados polo alumnado de TICS de 2º de Bacharelato.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Semana do cine en galego

Charla de educación viaria

O día 16 de outubro tivemos unha charla de educación viaria por parte da autoescola Curson sobre os riscos de conducir baixo o efecto do alcohol e das drogas ou do uso dos dispositivos móbiles ao volante. Ademáis ao rematar sortearon entre o noso alumnado un vale pola teórica e seis prácticas e dous vales pola teórica para o carnet de coche.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Charla de educación viaria

Obradoiro de portugués

O mércores 18 de outubro, a totalidade do alumnado de 1º ESO máis o da materia de Portugués de 2º, asistiu ao obradoiro O PORTUGUÊS TÃO PERTO, ofrecido pola AGAL e a Deputación de Lugo.

O alumnado tomou conciencia neste ateliê  da vantaxe que representa a nosa lingua á hora de acceder ao ámbito social, cultural e mesmo laboral de numerosos países en todo o mundo.

Ademais, os alumnos e alumnas ficaron sorprendidos ao comprobar que, por sermos galegofalantes, a lingua portuguesa é moi doada de aprender para nós, de xeito que en apenas uns minutos foron quen de construír frases perfectamente correctas en portugués.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Obradoiro de portugués

Datas e horarios para as presentacións do inicio de curso 2023/24

Pode consultar as datas e horarios das presentacións na seguinte ligazón: Pesentacións setembro 2023

Lembramos que os días das presentacións non hai clase. As clases comezan o mércores 13 ás 8:30 da mañá segundo o horario que se facilitará ao alumnado o día da presentación.

O alumnado con ordenadores de Edixgal no seu poder (isto é: de 2º, 3º e 4º da ESO e alumnado repetidor de 1º da ESO), debe acudir con eles á presentación. Vaise facer un formateado que suporá borrado de arquivos. Se queren conservar información, deben arquivala previamente nun dispositivo externo (USB, disco duro...).

Libros de texto para o curso académico 2023/2024

Prema na seguinte ligazón para consultar os libros de texto para o curso 2023/2024 (note que hai materias nas que se sinala que non debe mercar o libro ata falar co/a profesor/a ao inicio das clases en setembro): Listaxe de libros de texto 2023/2024

Última actividade do programa TEI

O 20 de xuño tivemos a última actividade do programa TEI para fomentar a cohesión grupal co alumnado de 1ºESO. En hora boa a todos o participantes!

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Última actividade do programa TEI
Distribuir contido