Calendario final de curso (entrega notas)
Enviado por Lois o Xov, 13/06/2024 - 12:31As notas da Avaliación Extraordinaria de 2º de Bacharelato entregaranse o xoves 13 de xuño ás 18h e as da Avaliación Extraordinaria de 1º de Bacharelato, as de fin de ciclo de FPB e as da ESO entregaranse o luns 24 de xuño ás 14h. Para máis información premer aquí.
Recital poético no centro de día
Enviado por Lois o Mar, 11/06/2024 - 10:00O día 4 de xuño os/as voluntarios/as da biblioteca e algún dos membros do club de lectura do IES do Camiño acudiron ó Centro de día de Palas de Rei a facer un recital poético. Ademais de lecturas e flores participamos nun “pasapalabra” e recibimos un marcapáxinas elaborado polos usuarios/as. Aproveitamos este medio para agradecer o recibimento, os agasallos e a boa disposición do persoal do centro. Foi un encontro emotivo e ben bonito. Grazas a todas/os!
Club de lectura do alumnado
Enviado por Lois o Mar, 11/06/2024 - 09:59O día 24 de maio reunímonos o club de lectura do alumnado. Neste caso comentabamos dúas obras: Blackwater e La última bruja. A primeira é unha saga, inédita ata ó momento en España, de Michael Mcdonell. A segunda foi unha petición do alumnado logo do éxito de Los dioses del Norte. A este encontro acudiron algúns dos voluntarios/as de la biblioteca, pois aproveitamos para organizar o próximo recital poético. Para isto último contamos cunha maleta viaxeira de poesía cedida polo CEFORE de Lugo.
Grazas a todos/as por ler, acudir e participar nestas iniciativas.
Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023-2024
Enviado por Lois o Ven, 07/06/2024 - 12:34Para máis información premer na seguinte ligazón:
Excursión a Chaves (Portugal)
Enviado por Lois o Mér, 29/05/2024 - 09:53O martes 28 de Maio o alumnado de 2º e 4º da ESO, así como de 1º de Bacharelato, acompañados do profesorado do Departamento de Historia, visitou a cidade portuguesa de Chaves. Nesta xornada tívose ocasión de coñecer diferentes monumentos desta histórica localidade da Gallaecia, como o castelo, a ponte, o museo ou as recentemente descobertas termas romanas. Do mesmo xeito, tívose ocasión de degustar o famoso pastel de Chaves e practicar a lingua aplicando os coñecementos do alumnado da materia de Português de 2º da ESO.
Viaxe a Madrid
Enviado por Fran o Mér, 22/05/2024 - 21:40O pasado 5 de maio, os alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º de bacharelato realizaron unha viaxe a Madrid.
Alí, visitaron lugares de interese como o Palacio da Bolsa, o Banco de España, o Museo do Prado ou o Museo Reina Sofía. Ademais, fixeron un percorrido guiado polo centro da cidade e tamén desfrutaron do musical do Rei León e do Parque Warner.
Axudas para libros de texto e material escolar
Enviado por Lois o Mar, 21/05/2024 - 10:26Ábrese o plazo para as axudas de libros, fondo solidario e bono de material do 21 de maio ao 21 de xuño. Para máis información consultar esta ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43218
Para tramitar as axudas prema nesta ligazón da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B
Obra teatral Manzanas Rojas
Enviado por Lois o Mér, 15/05/2024 - 11:21O pasado 9 de maio o alumnado da materia de Oratoria representou para o grupo de quinto de primaria do CEIP de Palas de Rei a obra teatral Manzanas Rojas de Luis Matilla. A actividade tivo lugar na biblioteca e a este espazo acudiu toda a rapazada que previamente tiñan lida dita obra xunto coa súa titora.
Moitas grazas pola participación e colaboración do cole e parabéns ó alumnado!
Premios extraordinarios de bacharelato. Convocatoria 2023-2024
Enviado por Lois o Lun, 13/05/2024 - 10:35Xa se pode consultar a información sobre a convocatoria 2023-24 dos premios extraordinarios de bacharelato:
Orde de convocatoria: DOG do 26 de abril
Consulta un resumo da información da convocatoria na seguinte ligazón.
Información sobre as probas ABAU
Enviado por Lois o Mar, 07/05/2024 - 10:09Na seguinte lista de documentos adxuntos pódense consultar informacións relevantes sobre as ABAU: a convocatoria cos documentos e prazos de matrícula, horarios dos exames, normas de comportamento e execución das probas, as ponderacións das diferentes materias para cada titulación universitaria e os lugares de realización das probas (os alumnos do IES do Camiño realizarán a proba na Facultade de Administración e Dirección de Empresas, en Avenida Alfonso X O Sabio, Lugo). Tamén se pode consultar toda esta información na páxina web da CIUG: https://ciug.gal/gal/abau.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »