Programa TEI
Enviado por Lois o Mar, 18/04/2023 - 10:30O 28 de marzo levouse a cabo, na hora de titoría, unha actividade de cohesión para os alumnos/as de 1º e 3º da ESO, enmarcada dentro do programa TEI.
Tratouse dun xogo de confianza no que os alumnos/as titores de 3º da ESO debían guiar aos seus titorizados/as a través dunha “ginkana” de obstáculos cos ollos vendados, fomentando así a colaboración e confianza entre eles. Despois os roles invertéronse sendo os titorizados/as os que guiaron aos seus titores/as.
Convocados os Premios Extraordinarios da ESO e o Bacharelato 2022-2023
Enviado por Lois o Ven, 14/04/2023 - 11:39PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO 2022-2023
Convocados os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso2022/23. Prazo de solicitudes: comezará o 31 de maio de 2023 e rematará o 30 de xuño de 2023.
Acceso á información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230414/AnuncioG0655-030423-0003_es.html
PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2022-2023
Convocados os premios extraordinarios de Bacharelato. Os requisitos son:
- Ter finalizado o Bacharelato no curso 2022-2023.
- Ter unha nota media de Bacharelato igual ou superior a 8,75.
O Prazo de solicitudes: comezará o 26 de abril de 2023 e rematará o 25 de maio de 2023.
Acceso á información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230403/AnuncioG0655-200323-0005_es.html
Convocadas as Becas para Bacharelato e FP Básica - Curso 2023/24
Enviado por Lois o Xov, 30/03/2023 - 09:42Convocadas as Becas e axudas para o alumnado de estudos postobrigatorios para o vindeiro curso 2023/24
Teñen aberto o prazo para presentar as becas do Ministerio ata o 17 de maio de 2023.
As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, cultura e deporte na dirección: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html. Rexistrarse en "Acceso al servicio online", logo ir cubrindo todos os datos da beca e, ao rematar, gardar e presentar solicitude.
Teñen que ter a man os DNI de todos os membros da unidade familiar e o número de conta onde queren que se lles ingrese a beca (a/o alumna/o ten que ser titular ou cotitular da conta).
Entrega premios concurso do logo
Enviado por Alejandra o Lun, 20/03/2023 - 12:38A pasada semana fixemos a entrega dos premios e diplomas do concurso para a búsqueda de ideas para o logo do noso IES. Estes foron os nosos gañadores, María Pumar, primeiro premio, David Sobrado, segundo premio e Álvaro Míguez, terceiro premio. ¡ Noraboa e gracias a todos e todas pola participación !
Entroido 2023
Enviado por Alejandra o Mar, 28/02/2023 - 09:50O pasado venres 17 de febreiro celebramos o entroido cunha festa na que tivemos concurso de actuacións por clases, concurso de doces de entroido, música e sesión de fotos. O primeiro premio do concurso de actuacións foi para 3º da ESO, o segundo premio para 4º da ESO e o terceiro premio para 2º de BAC. O concurso de doces gañouno 1º da ESO.
Foi moi divertido poder compartir e celebrar todas e todos xuntos, e gozar da ilusión e da implicación do noso alumnado. Moitas gracias e moitas veces!!
Chicas nuevas 24 horas
Enviado por Lois o Ven, 24/02/2023 - 12:55Desde o día 27 de febreiro e ata o 8 de marzo teremos no centro a exposición "Chicas nuevas 24 horas", que está baseada no documental do mesmo nome da directora e documentalista Mabel Lozano, no que se denuncia o negocio que xera a explotación sexual de mulleres e nenas. Haberá tres actividades didácticas que incluen visita guiada pola exposición, visionado do documental e taller interactivo para 3º ESO, 4º ESO, 1º BAC, e 1º FP Básica. E tamén haberá un pase para ver o documental para o público xeral o martes 7 de marzo ás 17:00 horas.
Esta é unha actividade está promovida polo CIM do concello de Palas de Rei e pola Secretaría Xeral da Igualdade pertencente á Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
Quen quera ir abrindo boca aquí ten o trailer do documental: Chicas nuevas 24 horas, de Mabel Lozano - Trailer - YouTube
Obra de teatro "The Movie"
Enviado por Lois o Mar, 24/01/2023 - 11:57O luns 16 de xaneiro o alumnado da ESO asistiu á obra de teatro en inglés The Movie a cargo da compañía On Stage. Ademais de ser espectadores tamén puideron participar de maneira activa sobre o escenario do auditorio Gustavo Freire de Lugo.
Visita aos xulgados de Lugo
Enviado por Alejandra o Mar, 17/01/2023 - 10:25O martes 10 de xaneiro as alumnas e os alumnos de 3º e 4º da ESO visitaron os xulgados e presenciaron xuizos do penal no xulgado de primeira instancia instrucción número 2 de Lugo. Pasaron unha mañá moi agradable e puideron avanzar no seu coñecemento sobre a Administración de Xustiza. A xuiza Sandra Piñeiro foi moi amable con nós, cercana e didática, explicando cada paso dos xuizos, a composición de persoas en cada caso e incluso, fomentou en algún alumno ou alumna vocacións cara o futuro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »