Acollida familias
Enviado por Anónimo o Mar, 14/06/2022 - 22:42Na xornada de hoxe tivemos a sesión de acollida, por un lado, coas familias do CEIP de Palas de Rei e, polo outro, coas familias e o futuro alumnado de 1º de Bacharelato do CPI de Guntín, ás que agradecemos a asistencia a esta xornada.
Durante a mesma buscouse familiarizar aos asistentes co centro e a súa organización, informar sobre os cambios educativos derivados da implantación da LOMLOE, as normas de convivencia, mecanismos de información e participación e resolver todas aquelas dúbidas que puideron xurdir.
Benvidos e benvidas! Vémonos en setembro.
Visita ás Médulas e ao Cebreiro
Enviado por Anónimo o Dom, 12/06/2022 - 18:26O alumnado do centro de Cultura Clásica e Latín visitamos o xoves día 9 a antiga mina romana a ceo aberto de ouro das Médulas. Tras gozar das vistas espectaculares dende o mirador de Orellán, baixamos ata o pobo onde nos agardaba un refresco ou auga que souberon a gloria. No traxecto puidémonos facer unha idea real das técnicas de extracción do ouro in situ, maiormente da ruina montium (valéndose da auga que traían por canles que podían ter ata uns 300 km); ao tempo que admiramos os milenarios castiñeiros que alí se conservan e nos informamos de como foron os romanos quen introduciron na nosa terra a explotación da castaña. Dalgún xeito tiñan que alimentarse os entre 10 e 20000 homes que en torno a ela traballaban, entre escravos e xentes dos arredores.
Á volta xantamos no Cebreiro (de CEBRARIUM, “asnos bravos”), onde tivemos a oportunidade de visitar o seu conxunto etnográfico das pallozas e coñecer como era unha aldea de montaña en tempos, a súa igrexa de estilo prerrománico (s. IX e lenda do Santo Graal) e unha das principais entradas da época romana (e actual) cara ás terras da actual Galiza.
Encontro co alumnado do CPI Poeta Uxío Novoneyra
Enviado por Anónimo o Dom, 12/06/2022 - 18:23O día 8 de xuño algúns dos rapaces de segundo e terceiro da ESO do IES do Camiño xuntáronse coa rapazada do CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel. Xa se coñecían por carta, pois dende o primeiro trimestre os Departamentos de Lingua Galega e Castelá dos dous centros coordinaron un proxecto de envío de misivas co obxectivo de fomentar a expresión escrita. O encontro foi curto, a viaxe foi longa e choveunos; pero recibíronnos con moito agarimo e un aperitivo, os rapaces puxéronlles cara ós seus correspondentes, xogaron ós detectives e quedaron con gana de máis.
Na imaxe podemos ver a todo o grupo no Centro de Interpretación das Covas en Meiraos, pois alí rematou a nosa viaxe.
Visita do alumnado de 6º Educación Primaria
Enviado por Anónimo o Mér, 08/06/2022 - 20:12O mércores 8 de xuño contamos no instituto coa visita do alumnado de 6º de educación primaria, que acudiu acompañado polo seu titor, Óliver, e a súa orientadora, Emma.
Durante esta xornada informouse ás futuras alumnas e alumnos acerca dos datos máis salientables do vindeiro curso: materias que van cursar, horario do centro, normas de convivencia, TEI, Edixgal.....
Así mesmo, contamos con dous anfitrións de 1º da ESO, Samuel Martínez e Sofía Rivera, que resolveron as dúbidas do alumnado de 6º de educación primaria e que ademais foron a encargada e o encargado de guialos a través do percorrido que fixemos polo instituto: a aula de tecnoloxía, a biblioteca, o ximnasio, o laboratorio de bioloxía..... Grazas, Samuel e Sofía, por serdes uns fantásticos anfitrións!
E queremos dar tamén as grazas ao alumnado de 6º de educación primaria e ao seus mestres por acudir ao noso centro e facer que esta visita fose posible e que pasaramos un rato moi agradable.
Xa sabedes que nos vemos axiña, á volta das vacacións de verán!
Charla para a Prevención dos Incendios Forestais
Enviado por Anónimo o Mér, 08/06/2022 - 20:10O martes 7 de xunto, os axentes da garda civil pertencentes ao Seprona, Carlos Rodríguez e Roberto Pérez, acudiron ao centro educativo para impartir unha charla sobre a prevención dos incendios forestais.
Agora que comeza a época estival e con ela se incrementa o risco de sufrir incendios os bosques do noso País, é fundamental que o alumnado se conciencie sobre a importancia que ten protexer a nosa natureza e do que se pode facer para protexer e previr os incendios.
Así mesmo, durante a charla puideron saber como se levan a cabo as investigacións dos incendios forestais, poñendo exemplos reais de incendios e de como foron provocados.
Ao final da mesma, o alumnado dos cursos de 3º e 4º da ESO xunto con 1º de Bacharelato puideron formular as dúbidas e preguntas que estimaron oportunas.
Cruz Vermella_ Obradoiro para a Prevención da Violencia de Xénero.
Enviado por Anónimo o Mér, 08/06/2022 - 20:08O martes 7 de xuño contamos no noso centro con Alba, técnica da Cruz Vermella.
Os alumnos e alumnas de 2º da ESO participaron no Obradoiro para a prevención da violencia de xénero e o fomento da igualdade.
Ao longo desta actividade puideron coñecer os conceptos básicos que se enmarcan dentro da igualdade, reflexionar sobre as diversas manifestacións sociais da violencia de xénero e coñecer cales son as estratexias que nos serven para fomentar e potenciar a igualdade real entre mulleres e homes.
Todo elo a través de dinámicas e actividades onde o alumnado podía participar libremente e implicarse no desenvolvemento das mesmas, ao mesmo tempo que formulan as súas dubidas.
Calendario fin de curso 2021/22
Enviado por Anónimo o Xov, 26/05/2022 - 22:37
CALENDARIO FIN DE CURSO (21/22)
XUÑO
Días 7 e 8 de (martes e mércores):
-
3 ª Avaliación de ESO.
-
3 ª avaliación e final ordinaria de 1º BAC
Día 9 de (xoves):
-
Entrega de notas a última hora da mañá.
-
Ás 15:00 publicación das notas en abalar.
Día 10 (venres) e 13 (luns):
-
1º de BAC: ata as 14:00 horas presentación de reclamacións no centro.
Día 14 (martes):
-
1º de BAC: ás 12:30 h. entrega das resolucións dos departamentos ao alumnado rectificando ou ratificando a cualificación outorgada.
Día 15 e 16:
-
1º BAC: ata as 14:00 presentación de reclamacións ante Xefatura Territorial.
Días 20-22:
-
Probas finais da convocatoria extraordinaria para BAC.
Día 22 (mércores):
-
Rematan as clases.
Día 23 (xoves):
-
Avaliacións ordinaria de ESO e extraordinaria de BAC.
-
Ás 18:00 h. publicación das notas en abalar.
Día 27 (luns) e 28 (martes):
-
Ás 10:00 o día 27 entrega de boletíns de notas no centro (cada grupo na súa aula de referencia) e de sobres de matrícula.
-
Presentación de reclamacións no centro dende as 09:00 ata as 14:00 horas.
-
Revisión de actividades, tarefas ou traballos co profesorado.
A ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO NO CENTRO FARASE AO RECOLLER O BOLETÍN DE NOTAS.
Día 29 (mércores):
-
Ás 12:30 h. entrega das resolucións dos departamentos ao alumnado rectificando ou ratificando a cualificación outorgada.
Día 30 de xuño e 1 de xullo:
-
Ata as 14:00 h. presentación de reclamacións ante a Xefatura Territorial.
FONDO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDA MATERIAL ESCOLAR: CURSO 2022/23.
Enviado por Anónimo o Ven, 20/05/2022 - 21:09FONDO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDA MATERIAL ESCOLAR: CURSO 2020/21.
Publicada a orde pola que se convocan as axudas para o fondo solidario de libros de texto para o curso 22-23. Teñen máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros
No noso centro, ao estarmos dentro do Proxecto E-Dixgal (libro dixital) ao menos en 6 materias por curso, non hai axuda para libros, pero si para adquirir material escolar.
Está aberto o prazo para presentar as solicitudes ata o 22 de xuño, incluído.
Dado que en 2º e 4º non hai cambio de libros este ano, este alumnado debe, se o ten a ben, agardar ata setembro para adquirilos, pola posibilidade de que se lles poidan facilitar dende o fondo libros do centro, de haber existencias.
RESUMO da Orde do 29 dea bril de 2022.
Axudas ESO: 1º, 2º, 3º e 4º ESO (Material Escolar)
REQUISITOS: Ter devoltos os libros do curso 2021/22.
EXCLUSIÓN: A falta de devolución dos libros de texto será causa de EXCLUSIÓN da participación no fondo solidario.
SOLICITUDES:
- Unha solicitude única por familia para todos os fillos e fillas do centro.
- Desde o 18 de maio ao 22 de xuño de 2022
DOCUMENTACIÓN:
- SOLICITUDE que se obtén na conserxería ou en http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros
- Fotocopia dos DNI de todos os membros da unidade familiar.
- Fotocopia do libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar.
SUBSTITUCIÓN LIBRO FAMILIA
- Sentencia xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servicios sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
- Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza a Xunta de Galicia.
NOTA: O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2022/2023, a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros).
IMPORTANTE : Solicitude única por familia para todos os fillos e fillas.
O alumnado de 2º e 4º ESO, cursos que non están suxeitos o cambio de libros este ano, deberan agardar ata setembro para adquirilos, ante a posibilidade de un reparto de libros do “Fondo Libros” do centro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »