Visita do alumnado de 6º Educación Primaria
O mércores 8 de xuño contamos no instituto coa visita do alumnado de 6º de educación primaria, que acudiu acompañado polo seu titor, Óliver, e a súa orientadora, Emma.
Durante esta xornada informouse ás futuras alumnas e alumnos acerca dos datos máis salientables do vindeiro curso: materias que van cursar, horario do centro, normas de convivencia, TEI, Edixgal.....
Así mesmo, contamos con dous anfitrións de 1º da ESO, Samuel Martínez e Sofía Rivera, que resolveron as dúbidas do alumnado de 6º de educación primaria e que ademais foron a encargada e o encargado de guialos a través do percorrido que fixemos polo instituto: a aula de tecnoloxía, a biblioteca, o ximnasio, o laboratorio de bioloxía..... Grazas, Samuel e Sofía, por serdes uns fantásticos anfitrións!
E queremos dar tamén as grazas ao alumnado de 6º de educación primaria e ao seus mestres por acudir ao noso centro e facer que esta visita fose posible e que pasaramos un rato moi agradable.
Xa sabedes que nos vemos axiña, á volta das vacacións de verán!