Plan Director "Ciberseguridade"
Enviado por Anónimo o Mar, 01/02/2022 - 22:29Esta mañá contamos no centro coa charla sobre “Ciberseguridade” enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos, a cargo de Ramón Peña, formador da Garda Civil e destinada ao alumnado de 2º e 3º da ESO.
2ª lectura do Club de Lectura: "O que sei do silencio"
Enviado por Anónimo o Xov, 27/01/2022 - 21:16"Eu acosei. El acosou. Nós acosamos. Eles acosaron. Si así foi. Isto que vou contar é o relato de como me convertín en acosadora pasiva (...) Diso vai este blog. Dos meses que pasei en silencio. Do que aprendín naqueles días da crueldade e da covardía. Isto é o que sei do silencio". (páx. 19)
Charla temática: "Verificación contra a desinformación"
Enviado por Anónimo o Mar, 25/01/2022 - 22:19No marco do programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC, o IES do Camiño, participa nesta iniciativa solicitando a charla temática “Verificación contra a desinformación” impartida polo profesor da facultade de Ciencias da Comunicación, Jorge Vázquez Barreiro.
Mapas divertidos
Enviado por Anónimo o Mar, 25/01/2022 - 21:52O alumnado de 1º e 2º da ESO, así como o de Xeografía de 2º de Bacharelato, participou no obradoiro de divulgación científico-técnica "Mapas divertidos", promovido polo Departamento de Xeografía da USC en centros de ensino medio de todas as comarcas do País.
Como complemento ás aulas da materia de Xeografía e Historia, o estudantado achegouse á cartografía como instrumento necesario para coñecer, planificar e ordenar do territorio.
Táboa de ponderacións (curso 2021/22)
Enviado por Anónimo o Mar, 25/01/2022 - 21:34Están publicados na web da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e de materias de opción da proba de avaliación de bacharelato (ABAU) para o acceso ás ensinanzas universitarias odiciais de grado do Sistema Universitario de Galicia.
Rutas literarias polo Museo Provincial de Lugo
Enviado por Anónimo o Mér, 19/01/2022 - 21:32Os membros do Club de Lectura do IES do Camiño fixemos unhas rutas literarias polo Museo Provincial de Lugo logo de realizar a lectura de Contos de fantasmas no museo de VV. AA.
Programa A Ponte entre o ensino medio e a USC
Enviado por Anónimo o Xov, 13/01/2022 - 20:48No día de hoxe contamos coa presenza da profesora Dr. Mercedes Novo Rodríguez da facultade de Ciencias e Coordinadora do programa A Ponte no Campus de Lugo, sendo a encarga de impartir a charla informativa da USC e sobre as ABAU ao alumnado de 2º de BAC.
Convocatoria 2022. Probas de acceso a ciclos formativos
Enviado por Anónimo o Xov, 13/01/2022 - 17:35Publícase a orde que regula as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2022.
PROBAS DE ACCESO AOS CF DE GRADO MEDIO
Volven os Correspondentes Xuvenís
Enviado por Anónimo o Xov, 13/01/2022 - 17:07Despois do parón polas vacacións do Nadal, os correspondentes xuvenís xa están de volta para traervos a información máis relevante e actual, así podedes acceder á mesma a través do taboleiro de novas do primeiro andar do instituto, do Instagram do centro e cada xoves de 11:00 a 11:30 no seu programa radiofónico en Radio Palas.
Lectura no Nadal
Enviado por Anónimo o Dom, 26/12/2021 - 23:10Dende a Biblioteca vimos de renovar a sección de Recomendados, onde vos deixamos algúns exemplares ben bonitiños. De entre eles debemos destacar algunhas das obras de Darío Xohán Cabana, que se converteu na estrela da nosa árbore de Nadal por ter falecido recentemente e como pequena homenaxe dende o noso recuncho lector. Tampouco podía faltar Almudena Grandes, cuxa historia de amor con Luis García Montero ben merecen o artigo "El amor existe" que tamén vos recomendamos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- seguinte ›
- última »