Plan Director "Ciberseguridade"
Esta mañá contamos no centro coa charla sobre “Ciberseguridade” enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos, a cargo de Ramón Peña, formador da Garda Civil e destinada ao alumnado de 2º e 3º da ESO.
A ciberseguridade é o conxunto de procedementos e ferramentas que podemos empregar para protexer a información que se xera e procesa a través dos ordenadores, dispositivos móbiles, redes sociais, xogos,...
Durante a sesión de hoxe puidemos ver como podemos protexernos coa dobre ou múltiple autenticación, como se “apropian” dos nosos datos e como podemos facer para evitalo na medida posible, a quen pedir axuda en caso de sufrir algún delito telemático….
E en relación a este último, Ramón, facilitounos os seguintes canles para contactar:
- Teléfono 017
- WhatsApp: 900 116 117
- Telegram: @INCIBE017
- Formulario web específico na web de INCIBE no seu formulario web: https://www.incibe.es/linea-de-ayuda-en-ciberseguridad#formulario
E se queredes poder escoitar o podcast “Tierra de Hackers” que é un noticierio sobre ciberseguridade, no que nos van a dar moitas claves de como protexer os nosos datos.
Podedes ver algunha das fotos desta xornada na galeria: