Lectura no Nadal
Dende a Biblioteca vimos de renovar a sección de Recomendados, onde vos deixamos algúns exemplares ben bonitiños. De entre eles debemos destacar algunhas das obras de Darío Xohán Cabana, que se converteu na estrela da nosa árbore de Nadal por ter falecido recentemente e como pequena homenaxe dende o noso recuncho lector. Tampouco podía faltar Almudena Grandes, cuxa historia de amor con Luis García Montero ben merecen o artigo "El amor existe" que tamén vos recomendamos. Ademais destes dous autores suxerímosvos algunhas obras que sabemos que gozan de éxito entre a rapazada e non necesitan da obrigatoriedade para ser lidas. Las mil y una noches, Cuentos para pensar ou Menú de enganos son coleccións de contos ben interesantes; pero se vos gusta máis a novela xa sabedes da nosa predilección por Jordi Sierra i Fabra con La Biblioteca de los libros vacíos; pero tamén Xabier P. Do Campo con O misterio das badaladas ou Corredora de María Reimóndez poden ser unha opción. O teatro merece unha oportunidade e aquí sabemos que hai afección, por iso incluímos clásicos sempre de moda como: El sí de las niñas ou La zapatera prodigiosa; pero tamén está ben probar con Edelmiro II o el dragón Gutiérrez.
Felices lecturas e felices festas!