Certame de fotografía As cores do outono 2021
Enviado por Anónimo o Xov, 16/12/2021 - 19:58O certame As cores do outono 2021 ten por obxectivo plasmar o outono do noso contorno en tódalas súas vertentes, sen límite á creatividade artística.
Nesta edición os premiados e premiadas no noso certame fotográfico son:
Proxecto de lectura
Enviado por Anónimo o Mér, 15/12/2021 - 17:59En 2° de ESO na materia de Lingua Castelá e Literatura este primeiro trimestre lemos as Lágrimas de Shiva de César Mallorquí e para evaluala súa lectura propuxémoslles ás alumnas e alumnos a elaboración dun proxecto inspirado na idea de @muyprofe.
Club de lectura_ Telegram
Enviado por Anónimo o Xov, 09/12/2021 - 22:54Deixámosvos o enlace para acceder ó grupo de Telegram que creamos para o noso Club de Lectura.
Día Internacional da Diversidade Funcional na biblioteca
Enviado por Anónimo o Sáb, 04/12/2021 - 12:18O día 3 de decembro celebramos o Día da Diversidade e na nosa Biblioteca fixemos un pequeno taller no tempo de lecer no que nos acercamos a diferentes sistemas de comunicación: lingua de signos, lingua de signos apoiada e braille. Este último é un alfabeto táctil; porén a lingua de signos é o idioma propios das persoas xordas e xordocegas.
Día Internacional da Diversidade Funcional
Enviado por Anónimo o Ven, 03/12/2021 - 16:33O 3 de decembro conmemórase o día internacional das persoas con diversidade funcional, que ten como obxecto promover os seus dereitos e o seu benestar en tódolos ámbitos da sociedade, así como poñer o énfase na concienciación sobre a súa situación en todos os aspectos da
Volcáns
Enviado por Anónimo o Ven, 03/12/2021 - 00:13Unha das novas que máis nos preocupan a día de hoxe é a evolución da erupción do volcán Cumbre Vieja na illa da Palma. Así que, como a actualidade manda, os alumnos e alumnas de 1º da ESO aproveitamos este feito histórico que estamos a vivir para realizar un percorrido por algunhas das erupcións volcánicas máis importantes. Dende o famosísimo volcán Vesubio, pasando polas erupcións do Toba, Santorini, Krakatoa, Tambora, Mont Pelè, etc... ata chegar ao Cumbre Vieja; ¡¡e ata incluso fumos ao espazo, estudando as erupcións na lúa!!
Antenas na Ulloa
Enviado por Anónimo o Xov, 02/12/2021 - 17:37As antenas da Ulloa están de volta! Despois do parón do verán e de coller forzas estamos, outra vez, con todos vós para traervos as novas máis interesantes. Ademais, este ano retomamos canles que tiñamos pechadas por mor da Covid-19, como era o taboleiro de novas do primeiro andar.
Pantallas amigas: " Obradoiro Violencia de Xénero no novo contexto dixital"
Enviado por Anónimo o Mar, 30/11/2021 - 22:04Hoxe realizouse no instituto o Obradoiro “Violencia de Xénero no novo contexto dixital” impartido por Haizea Álvarez, psicóloga e sexóloga de “Pantallas amigas”, iniciativa que promove e potencia o uso seguro e saudable de internet e outras TIC na infancia e na adolescencia.
25N- Día Internacional contra a violencia de xénero
Enviado por Anónimo o Xov, 25/11/2021 - 10:28O mundo que toca vivir en moitos dos seus redutos garda a memoria da desigualdade entre homes e mulleres, mais tamén tomou formas e palabras novas, ou as de sempre con envoltura actualizada ao medio en que nos desenvolvemos. Na familia e na sociedade, que supón nacer muller?
Club de Lectura "O camiño dos libros"
Enviado por Anónimo o Mar, 23/11/2021 - 20:40Benvidas e benvidos ao Club de Lectura "O camiño dos libros", onde todas e todos contamos.
Quen escolle o camiño da lectura e non outro é porque está disposta ou disposto a deixar voar a súa imaxinación e a vivir outras vidas, as que nos acercan os libros. Somos os libros que lemos e a quen non lle gusta ler é porque non atopou o libro axeitado, estas serán as nosas máximas.
Este curso estrenámonos cun libro de contos (Contos de fantasmas no museo), porque contos tamén foron as nosas primeiras lecturas. Son contos de fantasmas, xa que as emocións e entre elas o medo deben estar implicadas sempre na lectura. Estes contos de fantasmas están todos ambientados no museo provincial de Lugo a onde iremos de ruta, a revivir esas narracións unha vez rematado o libro. Podedes descargar o libro ao final desta publicación.
As normas para participar neste cub son:
1. Ler os libros.
2. Comentar, comunicar e opinar sobre as lecturas.
3. Asistir ás reunións. A próxima será 25 de xaneiro.
4. Coidar os libros como tesouros que son.
O día 10 de xaneiro xuntarémonos todos os membros do club e iremos ao museo, por isto é imprescindible ter lido a obra xa para ese día.
Vémonos lendo!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- seguinte ›
- última »