Programa Titorización entre Iguais
Enviado por Anónimo o Mar, 16/11/2021 - 19:22O curso pasado por mor da pandemia vimos condicionada a posta en marcha do programa TEI (Titoría Entre Iguais) pero este ano xa puidemos volver a poñelo en marcha.
Filme Documental “SON DE MULLER”
Enviado por Anónimo o Lun, 15/11/2021 - 16:11O Concello de Palas de Rei, a través dos seus medios dixitais, emitirá desde o martes 16 ata o Xoves 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero o Filme Documental “SON DE MULLER”, que consta de nove capítulos, emitíndose un por día, unha actividade da Campaña “Palas de Re
Charla 1º BAC: DGT- Seguridade viaria
Enviado por Anónimo o Xov, 11/11/2021 - 21:32Hoxe, 11 de novembro, tivemos a visita do Subsector de Tráfico de Lugo, Jose Ramón López, acompañado de Ramón Peña, garda civil e formador do Plan Director para informar e formar ao noso alumnado de 1º de Bacharelato en Seguridade Vial.
Esta formación é fundamental xa que moitos deles e delas están próximos a obter o permiso de conducir B e, nalgúns casos , xa poden conducir algún tipo de ciclomotores, cuadriciclos lixeiros ou motocicletas con determinada cilindrada.
Durante a sesión abordáronse diferentes temas relacionados coa seguridade viaria, tales como as normas de tráfico, as distintas señalizacións, os distintos tipos de móbiles (parque móbil), deuse a coñecer a regulación do uso dos patinetes eléctricos, das normas de uso das bicicletas e máis nun sitio como Palas de Rei onde circulan moitas polo Camiño de Santiago, os quads, os diferentes tipos de permisos de circulación que existen e para que nos capacitan cada un deles, así como o tipo de transporte que podes levar e a súa tonelaxe, o uso dos tractores, no que se incidiu, xa que nun contexto como o que se sitúa o noso centro, púxose en valor a importancia de ter os permisos pertinentes para conducir un tractor, xa que no caso de que aconteza algún incidente, iso traería consigo uns riscos importantes, entre outros temas. Así mesmo, o alumnado puido participar e achegar a Jose Ramón todas aquelas dúbidas que tiñan.
Moitas grazas por acudir ao noso centro!
Obradoiro Cruz Vermella: "Prevención do acoso escolar e uso das TIC's e Redes Sociais”
Enviado por Anónimo o Mar, 09/11/2021 - 18:26Hoxe, 9 de novembro, contamos cun novo Obradoiro da Cruz Vermella destinado ao alumnado de 1º da ESO: “Acoso Escolar e uso das TIC's e Redes Sociais”
Samáin na biblioteca
Enviado por Anónimo o Lun, 01/11/2021 - 19:21A nosa Biblioteca quedou o venres engalanada con motivo do Samaín e aproveitamos para ofrecer ó alumnado unha selección de lecturas terroríficas só aptas para alumnado intrépido que escolle " O camiño dos libros", nome do noso club de lectura. Aproveitamos para anunciarvos que o poñeremos a andar este mes de novembro, o día 23 na hora de lecer.
Samaín 2021
Enviado por Anónimo o Lun, 01/11/2021 - 19:19En 4º da ESO celebramos esta festa de orixe celta inseríndoa na propia materia de Literatura Galega.
Samaín en Lingua Castelá
Enviado por Anónimo o Lun, 01/11/2021 - 19:16En Lingua Castelá con motivo da festividade de Samaín fixemos varias actividades seguindo a idea de @muyprofe.
Obradoiro Alimentación (2ºESO) - Cruz Vermella
Enviado por Anónimo o Mar, 26/10/2021 - 21:54Que marabilloso é volver pouco a pouco á normalidade, así hoxe puidemos contar novamente cos obradoiros da Cruz Vermella.
Nesta ocasión o alumnado de 2º da ESO participou no Obradoiro de Alimentación, no que se promoven e reforzan hábitos de vida saudables, sobre todo aqueles asociados á conduta alimentaria.
Deste xeito promóvese a educación e a promoción da saúde como peza clave da prevención de actitudes, comportamentos e hábitos que conlevan riscos asociados ao seu benestar físico, psíquico e social.
Os alumnos e alumnas abordaron, entre outros conceptos, os prexuízos, estereotipos e mitos ao redor da alimentación e os canons sociais de beleza. E como estes poden derivar en trastornos de conduta alimentaria como a anorexia, bulimia e outros. Así mesmo reforzáronse as habilidades sociais e individuais como a autoestima, a comunicación, a capacidade analítica e crítica, resistencia á presión grupal, empatía, asertividade, etc.
Agardamos que esta formación fose de interese e aproveitamento para o noso alumnado de 2º da ESO.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- seguinte ›
- última »