Charla para a Prevención dos Incendios Forestais
O martes 7 de xunto, os axentes da garda civil pertencentes ao Seprona, Carlos Rodríguez e Roberto Pérez, acudiron ao centro educativo para impartir unha charla sobre a prevención dos incendios forestais.
Agora que comeza a época estival e con ela se incrementa o risco de sufrir incendios os bosques do noso País, é fundamental que o alumnado se conciencie sobre a importancia que ten protexer a nosa natureza e do que se pode facer para protexer e previr os incendios.
Así mesmo, durante a charla puideron saber como se levan a cabo as investigacións dos incendios forestais, poñendo exemplos reais de incendios e de como foron provocados.
Ao final da mesma, o alumnado dos cursos de 3º e 4º da ESO xunto con 1º de Bacharelato puideron formular as dúbidas e preguntas que estimaron oportunas.