Chicas nuevas 24 horas
Desde o día 27 de febreiro e ata o 8 de marzo teremos no centro a exposición "Chicas nuevas 24 horas", que está baseada no documental do mesmo nome da directora e documentalista Mabel Lozano, no que se denuncia o negocio que xera a explotación sexual de mulleres e nenas. Haberá tres actividades didácticas que incluen visita guiada pola exposición, visionado do documental e taller interactivo para 3º ESO, 4º ESO, 1º BAC, e 1º FP Básica. E tamén haberá un pase para ver o documental para o público xeral o martes 7 de marzo ás 17:00 horas.
Esta é unha actividade está promovida polo CIM do concello de Palas de Rei e pola Secretaría Xeral da Igualdade pertencente á Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
Quen quera ir abrindo boca aquí ten o trailer do documental: Chicas nuevas 24 horas, de Mabel Lozano - Trailer - YouTube