Tal como se anunciou na reunión de inicio de curso, o departamento de Orientación Educativa do IES A Sangriña realizará unha reunión informativa sobre o programa "YAM" (Youth Aware of Mental Health). Dito encontro celebrarase o vindeiro martes día 29 (ás 20:00).
O programa "Yam" pretende concienciar á mocidade da importancia da saúde mental e desenvolverase nos grupos de 3º de ESO do noso centro, baixo a tutela de persoal específico das Consellarías de Sanidade e Educación da Xunta de Galicia.
Para participar neste proxecto, o alumnado precisará dunha autorización expresa do seu pai, nai ou representante legal.
Dada a importancia que este tipo de programa pode ter para o desenvolvemento dos seus fillos e fillas, pregamos a asistencia de todas as familias á reunión inicial.