O noso alumnado de 2º de ESO participou esta semana nun obradoiro de regueifas organizado polo departamento de Lingua Galega e Literatura que foi conducido pola poeta Branca Trigo.
Branca Trigo Cabaleiro (Vigo, 1997) é escritora e editora. Codirixe Malafera, un selo independente especializado en poesía. Con esta editorial publicou o poemario Coñecemento do Medo en 2021, así como os fanzines Sagrado corazón de Бáба Ягá (2022), Ω (2023) e O ser e o nervio (2023). O libro Condolore, viu a luz no ano 2022 coa editora Urutau. Creou xunto con Pablo Rodríguez a peza sobre poesía e videoxogo Poetry Sniping: Simulacro, e realiza con Ramón Trigo intervencións que fan converxer a poesía e a pintura en vivo. En 2024 saiu do prelo o seu terceiro poemario, trans0.
Para ler a ficha completa de Blanca Trigo na páxina da Asociación de Escritores en Lingua galega preme aquí.