Skip to Content

Relixión

Departamento de Relixión

Roteiros histórico-literarios

En colaboración cos centros IES Antón Alonso Ríos de Tomiño e IES San Paio de Tui, o alumnado de Relixión do noso instituto viaxou á Pobra do Caramiñal, Padrón e Ferrol, os días 7 e 8 de novembro. O xoves pola mañá visitaron a torre de Bermúdez, o museo de Valle-Inclán e o mirador da Curota; un paseo histórico- literario. Pola tarde, en Padrón, visitaron a Fundación Cela, a casa-museo de Rosalía de Castro e de novo un pequeno paseo histórico-literario. O venres pasárono en Ferrol, onde visitaron o museo de construción naval e o museo de historia natural. Despois, realizaron un roteiro histórico-literario polo Ferrol Vello e o barrio da Magdalena e visitamos as Meninas en Canido.

XV VIAXE DIDÁCTICA CLÁSICO-LITERARIA

O pasado luns 19 de marzo, o Departamento de Relixión realizou unha saída didáctica que durou ata o venres 23, coincidindo co final do 2º trimestre.
 
A actividade estivo pensada para o alumnado de 3º ESO C e a profesora acompañante foi María Rodríguez Velasco.
 
O itinerario foi o seguinte:
 
Luns, 19 de marzo: saída hacia Condemios de Arriba (Guadalajara)
Martes, 20 de marzo: por terras do Arcipreste de Hita e do Doncel (Hita, Sigüenza, Atienza)
Mércores, 21 de marzo: Alcalá de Henares e Complutum
Xoves, 22 de marzo: Guadalajara e Torija
Venres, 23 de marzo: mosteiro de San Lourenzo do Escorial
 
 
 
 

Visita didáctica a Porto

09/02/2017 00:20
09/02/2017 18:30
Etc/GMT+1
alumnado en lugares representativos

O Departamento de Portugués xunto co de Relixión organizaron, no pasado mes de febreiro, para o seu o alumnado de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato unha saída didáctica a Porto, onde fixeron unha completísima visita aos lugares máis representativos.

Coñeceron a arte sacra barroca de Nicolau Nasoni (Igreja do Carmo, Torre dos Clérigos, talhas de Nosa Senhora, Igreja de São Ildefonso), visitaron tamén a Sé Catedral, o Pelourinho, a livraria Lello e Irmão, e despois do almorzo aínda foron facer un percorrido polo Estadio do Dragão do Porto F.C. 

Viaxe cultural a Lisboa

02/03/2015 00:20
Etc/GMT+1
O pasado venres 30 de xaneiro alumnado de diversos cursos realizou unha excursión de catro días a Lisboa, organizada polo Departamento de Relixión.  
Durante a súa estancia, visitaron, entre outros lugares, a Torre de Belém, o Estádio da Luz, o Mosteiro dos Jerónimos, a catedral... e nos arredores, o Mosterio de Batalha e o Convento de Cristo de Tomar. Durante estes días gozaron de momentos de convivencia e de paseos por Lisboa, acompañados polos profesores Alejo Diz, Meli Rei e Antonio Benito.
 
Distribuir contido


by Dr. Radut