Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Conferencia de Pancho Novoa sobre a evolución estelar

Pancho Novoa IES A Sangriña

Pancho Novoa, vigués e veciño de Pontevedra, é profesor de Ensino Secundario xubilado, músico e presidente da Agrupación Astronómica Rías Baixas. Desde pequeno, Pancho sentiuse atraído pola ciencia, tal e coma xa lle pasara ao seu tío, o astrónomo Rafael Cid Palacios. Tamén lle gustou sempre a música, igual que ao seu irmán Pablo, compoñente de Golpes Bajos. Pancho estudou Bioloxía en Santiago de Compostela e mentras facía a carreira gañaba a vida de concerto en concerto, tocando a guitarra e cantando. Cando daba clases en Vigo xa lle gustaba levar os seus alumnos facer observacións astronómicas. Onte, veu ao IES A Sangriña para transmitir os seus coñecementos ao noso alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 3º e 4º de ESO.

Charla sobre transplantes e doazón de órganos

transplantes e doazón ies a sangriña

Hoxe en día a doazón e transplante de órganos é unha práctica terapéutica perfectamente consolidada na nosa contorna, que foi un agasallo de vida para as máis de 9 700 persoas que recibiron un órgano e máis de 20 000 que recibiron un tecido na nosa comunidade.

Debemos destacar o labor de todos os colectivos profesionais que dalgunha maneira fan posible o funcionamiento do programa de doazón e transplante así como o máis merecido recoñecemento aos máis de 3 300 doantes galegos e aos seus familias pola solidariedade mostrada, porque cando dixeron SI á doazón, dixeron SI ao mellor agasallo que é a VIDA; "a vida, o mellor agasallo"​.​

Para coñecer de preto esta realidade, o departamento de Ciencias Naturais organizou unha charla na que se expuxeron vivencias desde o punto de vista dun doutor especializado e dun paciente transplantado. Na sesión participou o alumnado de 3º de ESO e o alumnado de Anatomía Aplicada de 1º de Bacharelato.

Para saber máis, preme aquí.

3º de PDC coida das plantas do centro

PDC Bioloxía IES A Sangriña

O alumnado de 3º de PDC traballou nas súas prácticas de Bioloxía aprendedo máis sobre as plantas e os seus coidados.

No exterior, comezaron a preparar a horta do IES A Sangriña e, no interior, estiveron a facer o transplantado de diferentes plantas que se encontran polos corredores, mellorando o seu aspecto estético pero tamén saneándoas para que poidan crecer máis grandes e fortes.

Moitas grazas rapaces e rapazas polo voso traballo ben feito!

Coser para loitar. Proxecto educativo contra a moda rápida

Contra a moda rápida

Coser para loitar é un proxecto educativo consciente co noso amado medio ambiente. O alumnado de 1º da ESO púxose mans á obra para denunciar a problemática ambiental causada pola moda rápida. A falta de consciencia, o ego, e a obsesión que os grandes magnates da moda rápida crean na humanidade, producen toneladas de roupa que se acumulan en espazos naturais.

Para loitar e denunciar esta situación montamos o seguinte lío:

Organizamos un evento para o que foi necesario:

  • Doar e recoller roupa usada.
  • Elaborar traxes para un desfile a partir de roupa usada, para o que deseñamos e cosemos na aula.
  • Organizar un mercadillo para darlle saída á roupa e aos complementos usados.
  • Facer un grande desfile polas instalacións do centro.
Distribuir contido


by Dr. Radut