Skip to Content

Xeografía e Historia

Departamento de Xeografía e Historia

O profesor Alonso Montero fálanos sobre Lorca e Gómez del Valle

alonso montero lorca sangriña

Esta mañá, o Profesor Xesús Alonso Montero visitou novamente o noso centro para nos falar sobre Manuel Gómez del Valle e Federico García Lorca.

A conferencia versou sobre a vida e obra destes dous poetas, o primeiro galego de nacemento e o segundo granadino con produción na nosa lingua. Ambos autores foron asasinados en agosto de 1936 polos sublevados franquistas, motivo polo cal a memoria histórica foi outro dos temas centrais da conversa. 

Este evento terá continuidade na tarde deste mesmo 19 de setembro na Sala de Plenos do Concello da Guarda cunha charla coloquio que será amenizada coa actuación do coro "Cantos de Liberdade".

II Xornadas de Memoria Histórica

II Xornadas de Memoria Histórica Sangriña

Esta mañá, coa brillante interveción do profesor e licenciado en Historia Paulo Nuno Torres Bento, comezaron no IES A Sangriña as II Xornadas de Memoria Histórica. Este evento memorialista celébrase na vila da Guarda con dúas sesións para todas as conferencias (a primeira ás 12:20 no IES A Sangriña e a segunda ás 20:00 no Salón de Plenos do Concello da Guarda).

CONFERENCIAS:

Martes 19 de marzo - Paulo Nuno Torres Bento (Profesor de ensino secundario e licenciado en Historia): A Guerra de Espanha. O Concelho de Caminha e o Alto Minho ao tempo do conflito: 1936 - 1939.

 

Venres 22 de marzo - Marcelino Laruelo Roa (Escritor): Luchar por la Libertad. Defender al prisionero.

 

Martes 2 de abril - Emilio Grandío Seoane (Catedrático de Historia Contemporánea da USC): Recuperando o pasado: da Memoria Histórica á Memoria Democrática - Pasado arrincado: Lugares de Memoria en Galicia.

Fernando Serrulla Rech (Antropólogo forense do IMELGA): Antropoloxía forense do Plan Cuatrienal de fosas en Galicia. Acción forense humanitaria na Guerra de España.

Ademais das conferencias, realizarase unha “Andaina Memorialista” entre a fosa común de Sestás e o campo de concentración de Camposancos que partirá o sábado 23 de marzo do IES A Sangriña ás 11:00. A andaina estará guiada por José A. Uris e Marcelino Laruelo.

Podes consultar o programa completo pulsando aquí.

CHARLA DE MEMORIA HISTÓRICA

Programa ARCO 2020-2021.

Este curso iniciouse no IES a implantación do programa ARCO: Apoio, Reforzo de competencias e Orientación para acadar o éxito escolar. Este programa, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, permítenos contar cunha docente do ámbito lingüístico social na especialidade de Xeografía e Historia para apoiar o desenvolvemento de competencias clave e reforzar ao alumnado con especias dificultades nas competencias: lingüísticas, sociais e cívicas, aprender a aprender etc., e facilitar a mellora dos resultados académicos. No noso centro abrangue un total de

  • 17 alumnos/as en 1º ESO, dentro da aula como apoio ao profesorado de área.
  • 12 alumnos/as en 4º ESO, como responsable da materia a un grupo reducido de alumnos/as, que polas súas necesidades, especiais dificultades, materia pendente de cursos anteriores etc., precisan dunha metodoloxía mais participativa e unha atención mais directa.
Distribuir contido


by Dr. Radut