Este curso iniciouse no IES a implantación do programa ARCO: Apoio, Reforzo de competencias e Orientación para acadar o éxito escolar. Este programa, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, permítenos contar cunha docente do ámbito lingüístico social na especialidade de Xeografía e Historia para apoiar o desenvolvemento de competencias clave e reforzar ao alumnado con especias dificultades nas competencias: lingüísticas, sociais e cívicas, aprender a aprender etc., e facilitar a mellora dos resultados académicos. No noso centro abrangue un total de
- 17 alumnos/as en 1º ESO, dentro da aula como apoio ao profesorado de área.
- 12 alumnos/as en 4º ESO, como responsable da materia a un grupo reducido de alumnos/as, que polas súas necesidades, especiais dificultades, materia pendente de cursos anteriores etc., precisan dunha metodoloxía mais participativa e unha atención mais directa.