Skip to Content

EPV/Debuxo

Departamento de EPV/Debuxo

Fomos ver "O corno" e visitamos "Vigo no tempo"

 Sangriña O corno Vigo

O alumnado de 1⁰ de Bacharelato realizou hoxe unha viaxe académica á cidade de Vigo para asistir ao filme "O corno" e realizar unha visita guiada á exposición "Vigo no tempo" na sede de Afundación (de Abanca).

O CORNO é un filme galego, dirixido por Jaione Camborda, que vén de ser recentemente premiado no prestixioso Festival Internacional de Cine de San Sebastián. Este drama ambiéntase na Illa de Arousa, no ano 1971. María é unha muller que gaña a vida mariscando. Tamén é coñecida na illa por axudar outras mulleres nos seus partos con especial dedicación e coidado. Tras un inesperado suceso, vese obrigada a fuxir e comeza unha perigosa travesía que a fará loitar pola súa supervivencia. Buscando a súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas de contrabando entre Galicia e Portugal.

VIGO NO TEMPO é a quinta das exposicións que se poñen en marcha no marco dun proxecto máis amplo, 'Cidades no tempo', que inclúe unha exposición en cada unha das sete principais cidades galegas. Despois de Santiago, Ferrol, Lugo e A Coruña, a proposta continúa a súa andaina en Vigo co obxectivo de recuperar a cultura urbana como compoñente fundamental da identidade de Galicia. Pode visitarse na Sede de Afundación de Vigo ata o 20 de xaneiro de 2024.

Debuxando ao alén

“Debuxando ao alén” é o título da exposición da ilustradora Ana Juan que visitou en Pontevedra o pasado martes 19 de febreiro de 2019 o noso alumnado de 1º e 2º de Bacharelato que cursa as materias de Debuxo artístico ou Historia da arte. Completouse a xornada no Museo de Pontevedra coa visita á colección de Castelao.

Exposición de Ana Juan, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

No Museo de Pontevedra.

Saída didáctica do proxecto A PEGADA DO LOBO

15/02/2018 17:00
17/02/2018 20:00
Etc/GMT+1
Os departamentos de Administración e Finanzas, Ciencias Naturais, Lingua Galega e Literatura, Inglés, EPV e Filosofía organizaron dende o pasado xoves 15 de febreiro ao sábado 17 unha saída co alumnado de 4º ESO e de 1º Ciclo Superior de Administración e Finanzas.
 
Esta saída enmárcase dentro do proxecto "A pegada do lobo", que se está a desenvolver dentro da liña de Paisaxe e Sustentabilidade do Plan PROXECTA da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
 
Na seguinte foto vemos ao alumnado visitando o Centro de interpretación do lobo ibérico en Robledo (Sanabria - Zamora) e o Caurel.
 
O profesorado acompañante foron Pilar Carro Loureiro e Juan José Hermida Lago.
 
Máis info picando neste enlace.
 
 

Urban Art Project en Onda Cero

29/06/2017 13:00
Etc/GMT+1

De novo o Urban Art Project nos medios! Desta volta, foron entrevistados por Onda Cero, no programa Vigo en la onda.

Velaquí o podcast, poñede o minuto 26 e o segundo 45.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut