Un grupo multidisciplinar de alumnos e alumnas de 4º de ESO, acompañados polo profesorado Mª Luisa Guerra e Juan Hermida, visitaron o Aquamuseum de Vilanova de Cerveira o pasado mércores 19 de abril.
Os alumnos e alumnas visitaron as instalacións do museo onde se poden ver as distintas especies de animais que poboan o esteiro do río Miño. Tamén se puideron achegar ás artes tradicionais de pesca de especies de enorme importancia económica nesta zona, tales como a anguía ou a lamprea.
A visita incluíu unha saída nunha embarcación polo esteiro onde puideron ver os distintos aparatos que os investigadores utilizan para o estudo do medio mariño (sonda multiparamétrica, botella Nansen ou mallas para plancton).
O esteiro do río Miño está a sufrir profundas transformacións que afectan á conservación do seu estado natural. A construción de encoros ao longo do río afecta á bioloxía das especies migratorias tales como o salmón, a anguía ou a lamprea. Tamén a introdución de especies alóctonas supón a desaparición das especies autóctonas e a diminución da biodiversidade. A presenza destas novas especies vese favorecida ademáis polo cambio climático que axuda ao desenvolvemento destas novas especies á vez que as especies adaptadas a estas augas se desplazan a latitudes máis ao norte en busca de augas máis frías.