No IES A Sangriña celebramos un grande magosto organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega... que non sería posíbel sen a colaboración do departamento de Automoción e, en especial, do alumnado de Mantemento de vehículos... que se encargou de asar e repartir as castañas e de preparar toda a infraestrutura necesaria.
O departamento de Educación Física e o profesorado con docencia nestas últimas horas da mañá traballaron para que fose posíbel divertirse con moitos xogos populares. A ra, o tiro da corda, as cadeiras musicais, os zancos, a comba e as chapas axudáronnos a dixerir as castañas en canto nos divertiamos e xogabamos cos compañeiros e compañeiras!