Skip to Content

Automoción

Departamento de Automoción

Automoción voa no Kartódromo de Viana do Castelo

Automoción voa no Kartódromo de Viana do Castelo

O alumnado de Mantemento de Vehículos acudiu ao Kartódromo de Viana onde, ademais de coñecer as instalacións dedicadas ao mantemento do equipamento dos vehículos e as rutinas de traballo do seu persoal, puido desputar animadas carreiras de karts demostrando as súas habilidades ao volante.

O kartódromo de Viana conta cun edificio principal que nas carreiras oficiais utiliza unha torre de control dotada de sala de cronometraxe, sala de oficiais de carreira, salas de reunións, secretarías, sala VIP e terraza con vistas panorámicas de todo o complexo, palcos, posto médico, despachos, vestiarios e aseos.

En canto ás pistas, a principal (Pista A) conta cun perímetro de 1117 metros para unha anchura constante de 9 metros pensada para carreiras oficiais con homologación de grao 1 e de lecer, outra máis pequena (Pista B) con 468 metros de perímetro e a mesmo de 8 metros de ancho, máis orientado á formación dos nenos na Escola de Karting existente e tamén ao lecer. Ambas as pistas contan con sistemas de cronometraxe para que os usuarios poidan gozar dos resultados obtidos.

Celabramos un magosto cheo de xogos!

Magosto IES A SANGRIÑA

No IES A Sangriña celebramos un grande magosto organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega... que non sería posíbel sen a colaboración do departamento de Automoción e, en especial, do alumnado de Mantemento de vehículos... que se encargou de asar e repartir as castañas e de preparar toda a infraestrutura necesaria.

O departamento de Educación Física e o profesorado con docencia nestas últimas horas da mañá traballaron para que fose posíbel divertirse con moitos xogos populares. A ra, o tiro da corda, as cadeiras musicais, os zancos, a comba e as chapas axudáronnos a dixerir as castañas en canto nos divertiamos e xogabamos cos compañeiros e compañeiras!

O alumnado de automoción pon a punto os talleres

Automoción a Sangriña

Durante este inicio de curso, o alumnado dos ciclos de automoción do IES A Sangriña traballou arreo para por en marcha os talleres. Desta maneira, o departamento de Transporte e Mantemento de vehículos, ten xa todo a punto para dar as clases nun centro de traballo limpo, cómodo e seguro... á altura dos mellores profesionais.

Moitas grazas rapaces e rapazas polo voso esforzo e compromiso!

Validación de materias aprobadas 1º de ciclos de FP

validacións

Infórmase ao alumnado repetidor de 1º curso dos ciclos de Formación Profesional que ten que proceder a solicitar a valición en secretaría das materias aprobadas do ano anterior.

Por defecto, este alumnado aparece matriculado nas materias que substitúen no novo plan de estudos ás xa aprobadas.

A XEFATURA DE ESTUDOS

Distribuir contido


by Dr. Radut