Skip to Content

Automoción

Departamento de Automoción

O 24 de febreiro remataron con éxito as II Xornadas de Automoción

         As “II Xornadas de Automoción” realizadas polo Departamento de Automoción do I.E.S. A Sangriña de A Guarda, remataron hoxe día vinte e catro de febreiro cunha afluencia de xente considerable. As devanditas Xornadas tiveron unha duración de dous días, tendo como poñentes o mércores vinte e tres o artesán local guardés Ángel Álvarez, restaurador de motocicletas antigas moi recoñecido no noso país e a Juan Jesús Iglesias, técnico de sistemas de pintura de Procolor que impartiu un curso teórico-práctico que tivo lugar ata as seis do serán, onde alumnos e traballadores de talleres de automóbiles da comarca puideron ver as novidades en canto aos novos sistemas de aplicación de pinturas ecolóxicas con base auga.

No día de hoxe abriu as Xornadas o Técnico especialista de Toyota, Antonio Rodeiro, representante do grupo Ibéricar Galicia, dando unha charla sobre as novas tecnoloxías híbridas utilizadas pola marca Toyota no seu novo modelo Prius, onde se puido observar que este vehículo moi novidoso en canto á emisións contaminantes e a utilización combinada de motor de explosión e motor eléctrico fan do Prius a nova xeración de vehículos que xa están nas nosas estradas. O alumnado adquiriu unha nova filosofía en canto a sistemas anticontaminantes e despediu o especialista cunha ovación unánime. O seguinte relator, José Luís Fernández, especialista en fabricación de pistóns desprazouse ex profeso dende a sede central da marca Tarabusi, sita en Bilbao, eloxiando a iniciativa realizada polo Departamento de Automoción do IES A Sangriña e poñendo a disposición do centro educativo o seu total apoio para as vindeiras Xornadas técnicas.

Por último e para despedir as Xornadas asistiu o secretario provincial de ATRA (Asociación de Talleres Reparadores do Automóbil), José Manuel Rodríguez Simón, dando a noraboa ao Departamento de Automoción e facendo fincapé aos alumnos na necesidade de preparación dos futuros mecánicos, adiantando que a profesión de mecánico está a sufrir un cambio en canto ao recoñecemento e cualificación, sendo os mecánicos de nova xeración especialistas non só en mecánica, senón tamén en informática e electricidade. Facendo desta profesión unha das máis completas en canto a coñecementos.

 

II XORNADAS PROFESIONAIS DE AUTOMOCIÓN

23/02/2010 08:40
24/02/2010 14:00
Etc/GMT+2

Os días 23 e 24 de febreiro terán lugar as II Xornadas Profesionais de Automoción no IES A Sangriña. Tedes o programa a continuación.

Xornadas Automoción

O departamento de automoción organiza as primeiras Xornadas de Automoción no IES A Sangriña.
Están convidados  o profesorado, alumnado  de automoción e profesionais do sector.
As xornadas celebraranse, segundo o programa que se adxunta no tríptico, os días 21 e 22 de abril no salón de actos do IES A Sangriña. A apertura oficial correrá a cargo da secretaria do IES A Sangriña. Haberá catro ponencias que versarán sobre:

1.“Reprogramación de Calculadores”, a cargo de D. Juan Piñeiro.


2. “Fabricación de sistemas de diagnose electrónicos en automoción”, a cargo de D. Ángel Álvarez, que representa á firma Berton.

3. “Portal de diagnose de automoción”, a cargo de D. Gaston Luzardo Patrone, que representa á firma Schaefeler (LUK).

4. “O motor do futuro. 2010 Odisea no taller do futuro”, a cargo de D. Antonio Piñeiro Vilariño, profesor adxunto Universidade de Vigo, Curso en Automoción.

Os alumnos de automoción na Revista Electrocar

No número de novembro de 2008 da revista Electrocar publicouse un artigo dos ciclos de automoción do instituto.  Nela podemos ver ós nosos alumnos dos ciclos de electromecánica de vehículos así como diversas fotos dos talleres.

Se queres velo pincha no seguinte enlace

Artigo

Distribuir contido


by Dr. Radut