Skip to Content

Filosofía

Departamento de Filosofía

Charla sobre a argumentación lóxica e retórica

02/03/2018 12:20
02/03/2018 13:10
Etc/GMT+1

O pasado venres 2 de marzo o Departamento de Filosofía e de Orientación organizaron unha charla sobre a argumentación lóxica e a retórica.

Estivo enfocada para o alumnado de 1º e 2º Bacharelato (o que cursa a materia de Historia da Filosofía), dirixida un ano máis polo profesor da USC José Miguel Sagüillo Fernández-Vega e realizouse durante a penúltima hora da mañá.

Nesta charla o profesor Sagüillo falounos sobre a filosofía da ciencia e as probabilidades, entre outros temas. O obxectivo era tratar esta parte da materia dun xeito máis sinxelo e ameno para o alumnado, falar da argumentación lóxica a través de exemplos moi prácticos que os fixera razoar.

O profesorado implicado foi Borja Santamarta, Toñi, Alberto Viso, Lucía García e Rosa Goberna. 

 

Saída didáctica do proxecto A PEGADA DO LOBO

15/02/2018 17:00
17/02/2018 20:00
Etc/GMT+1
Os departamentos de Administración e Finanzas, Ciencias Naturais, Lingua Galega e Literatura, Inglés, EPV e Filosofía organizaron dende o pasado xoves 15 de febreiro ao sábado 17 unha saída co alumnado de 4º ESO e de 1º Ciclo Superior de Administración e Finanzas.
 
Esta saída enmárcase dentro do proxecto "A pegada do lobo", que se está a desenvolver dentro da liña de Paisaxe e Sustentabilidade do Plan PROXECTA da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
 
Na seguinte foto vemos ao alumnado visitando o Centro de interpretación do lobo ibérico en Robledo (Sanabria - Zamora) e o Caurel.
 
O profesorado acompañante foron Pilar Carro Loureiro e Juan José Hermida Lago.
 
Máis info picando neste enlace.
 
 

Día da Paz

As fotos mostran os diferentes actos do Día da Paz: recital de poemas, bailes de diferentes danzas do mundo e liberación de pombas, xentileza do alumno Ero Martínez de 3º ESO.


31 de Xaneiro. Día da Paz no IES A Sangriña

Na seguinte reportaxe realizada polo alumno de 4º ESO, Brais Martínez,aprécianse unha serie de actos en torno o día da Paz nos que colaboraron alumnos da ESO e Bacharelato. Os seguintes departamentos coordináronse e aportaron o seu gran de area: Filosofía, E. Plástica, E. Física, Música, Dinamización da Biblioteca e vicedirección.

Distribuir contido


by Dr. Radut