Skip to Content

Programas Internacionais e Intercambios

Aterramos en Nápoles co Digilinc!

Italia Digilinc IES A Sangriña

O IES A Sangriña está a participar nun programa Erasmus + KA210 denominado Digilinc.

Trátase dun proxecto internacional de inclusión social que pretende tamén protexer as linguas e expresións culturais europeas por medio da dixitalización. O programa, que foi aprobado pola Unión Europea de xeito meritorio, reúne a diferentes institucións colaboradoras: o Käthe-Kollwitz - Berufskolleg (Alemaña), o I.I.S. Alberti (Italia), o Falez Mesleki ve Teknil Anadolu Lisesi (Turquía) e o propio IES A Sangriña da Guarda.

Nesta fase, o alumnado dos diferentes países nunhas xornadas que se celebran en Nápoles Italia. O IES A Sangriña estará representado pola alumna Leire Fernández Martínez e os alumnos Lucas Pérez Vicente, Lucas Martínez Domínguez e Zakariaa Aboutoufil, todos eles de 1º de Bacharelato. Con eles viaxaron o profesor Alexandre Fernández e o coordinado de Proxectos Internacionais do centro, Juan Carlos López.

A delegación italiana xa está na Guarda

italia intercambio terni sangriña

O alumnado do Liceo Francesco Angeloni, de Terni (Italia), xa se encontra no IES A Sangriña.

Neste caso trátase das e dos estudantes que foron visitados polo noso alumnado de 1º de Bacharelato do pasado ano, que non puideron vir durante o curso 2023 - 2024 por problemas loxísticos. Agora, solucionados todos os pormenores, a delegación italiana xa se encontra entre nós e todos os rapaces e rapaces están xa aloxados cos seus correspondentes.

Onte, comezaron a coñecer a nosa terra gozando das fantásticas vistas que o Trega proxecta sobre o océano e dunha visita guiada ao noso castro celta, un dos conxuntos arquitectónicos máis visitados do país.

As nosas alumnas Edumob chegaron a Francia

Edumob francés IES A SANGRIÑA

As estudantes de intercambio de francés do IES A Sangriña xa chegaron a Francia co programa Edumob. EduMob é un programa de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Grand Est (Francia) para o curso 2024/2025.

Estamos seguros de que esta estadía será moi produtiva, de que perfeccionarán o seu francés e de que vivirán unha importante experiencia de crecemento persoal.

Fotografías do intercambio co Liceo Francesco Angeloni

A Sangriña Italia

Compartimos con vós algunhas fotografías do intercambio co Liceo Francesco Angeloni, de Terni (Italia). Durante esta viaxe visitamos cidades como Roma, Terni, Spoleto ou Narni. A obrigada fotografía do monumental Coliseo de Roma acompáñase na nosa montaxe doutras imaxes que retratan posados en grupo e xogos para ocupar o tempo libre.

Moitas grazas aos nosos 22 alumnos e alumnas de 1° de Bacharelato polo seu espectacular comportamento. Agardamos que, ademais do ben que o pasaron e de participar en actividades académicas no centro de destino, esta viaxe teña contribuído ao seu crecemento persoal.

Distribuir contido


by Dr. Radut