Skip to Content

Programas Internacionais e Intercambios

Concesión do Proxecto K102 para o vindeiro curso

 

Para o vindeiro curso 2017/18 o IES A Sangriña participará no Proxecto Erasmus+ KA102.

Ofertaranse as seguintes bolsas para Lisboa:

  • 3 bolsas para estudantes do Ciclo Medio de Xestión Administrativa para realizar a FCT. 
  • 3 bolsas para estudantes do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes para realizar a FCT.
  • 4 bolsas para estudantes dos Ciclos de Carrozaría e Electromecánica de vehículos para realizar a FCT.
  • 3 bolsas para docentes das tres familias profesionais existentes no centro.
No mes de setembro realizarase o proceso de selección das persoas participantes.

Intercambio escolar con Aarhus (Dinamarca)

25/04/2017 00:20
02/05/2017 18:00
Etc/GMT+1
A pasada semana recibimos a visita dun grupo de alumnas e alumnos daneses do instituto Langkaer de Aarhus. Foron uns días intensos, cun completo programa de actividades culturais e didácticas. Unha experiencia moi positiva que agardamos que teña continuidade.

Alumnado de Ciclos realiza a FCT no estranxeiro

01/04/2017 09:00
Etc/GMT+1

Este ano volvemos levar a cabo o proxecto Erasmus+ KA102 en Formación Profesional: a realización da formación en centros de traballo ( FCT) relacionados cos seus respectivos ciclos levarase a cabo no estranxeiro, e terá lugar desde o 3 de abril ata o 21 de xuño.

Consideramos prioritario que o noso alumnado se integre nos novos mercados laborais europeos e que poida pór en práctica os coñecementos específicos da súa especialidade nun contexto diferente ao cotián.

Este ano o programa desenvolverase en Portugal, concretamente en Lisboa. É o terceiro ano que realizamos as prácticas neste país veciño, dous en Lisboa e un en Madeira, con resultados óptimos. Non esquezamos o valor engadido para a comunidade dada a situación fronteiriza da nosa localidade e a posibilidade de abrirse un novo e amplo mercado laboral.

O alumnado seleccionado recibiu previamente formación cultural e lingüística coa profesora nativa Sonia Almeida.

As persoas seleccionadas para o programa son:

Festival de Nadal: danza pola integración

20/12/2016 10:00
Etc/GMT+1

momentos do festival
O pasado 20 de decembro, no desenvolvemento do proxecto CORPO, celebrouse no salón de actos do centro un festival de danza para a inclusión a cargo da coreógrafa Sheila Loira. Coma sempre, participaron os cinco integrantes do proxecto (A Asociación Avelaíña para a axuda ás Persoas con Enfermidades Mentais, o CEE San Xerome Emiliani, CEIP e o IES A Sangriña e a Residencia Monte Tecla para A Terceira Idade).

Bailarinas e bailaríns desde 5 anos de idade ata máis de 80 presentaron as súas coreografías, froito da constancia e perseverencia amosadas nun obradoiro de danza desenvolvido ao longo do trimestre. Foron convidadas ao evento as familias dos bailarins, alumnado de 1º e 2º de ESO e profesorado do centro. Máis de 200 persoas gozaron dun festival inesquecible, cheo de emocións, ritmo e sentimentos.

Parabéns a todas e todos e felices festas!!

Distribuir contido


by Dr. Radut