Skip to Content

Alumnado de Ciclos realiza a FCT no estranxeiro

01/04/2017 09:00
Etc/GMT+1

Este ano volvemos levar a cabo o proxecto Erasmus+ KA102 en Formación Profesional: a realización da formación en centros de traballo ( FCT) relacionados cos seus respectivos ciclos levarase a cabo no estranxeiro, e terá lugar desde o 3 de abril ata o 21 de xuño.

Consideramos prioritario que o noso alumnado se integre nos novos mercados laborais europeos e que poida pór en práctica os coñecementos específicos da súa especialidade nun contexto diferente ao cotián.

Este ano o programa desenvolverase en Portugal, concretamente en Lisboa. É o terceiro ano que realizamos as prácticas neste país veciño, dous en Lisboa e un en Madeira, con resultados óptimos. Non esquezamos o valor engadido para a comunidade dada a situación fronteiriza da nosa localidade e a posibilidade de abrirse un novo e amplo mercado laboral.

O alumnado seleccionado recibiu previamente formación cultural e lingüística coa profesora nativa Sonia Almeida.

As persoas seleccionadas para o programa son:

  • CM de Xestión Administrativa: Abril Fernández Uris.
  • CM de Sistemas Microinformáticos e Redes: Cristian González Camaño e Noel Castro Martínez.
  • CM de Electromecánica de Vehículos: Daniel Rodríguez González e Adrián Rodríguez Martínez.
  • CM de Carrozaría: Adrián Pereira Acuña.

A persoa encargada da coordinación do proxecto Erasmus+ K102 e quen puxo en marcha os protocolos de execución é Teresa Álvarez Rodríguez, profesora do ciclo Superior de Administración e Finanzas.



event | by Dr. Radut