Esta mañá, coa brillante interveción do profesor e licenciado en Historia Paulo Nuno Torres Bento, comezaron no IES A Sangriña as II Xornadas de Memoria Histórica. Este evento memorialista celébrase na vila da Guarda con dúas sesións para todas as conferencias (a primeira ás 12:20 no IES A Sangriña e a segunda ás 20:00 no Salón de Plenos do Concello da Guarda).
CONFERENCIAS:
Martes 19 de marzo - Paulo Nuno Torres Bento (Profesor de ensino secundario e licenciado en Historia): A Guerra de Espanha. O Concelho de Caminha e o Alto Minho ao tempo do conflito: 1936 - 1939.
Venres 22 de marzo - Marcelino Laruelo Roa (Escritor): Luchar por la Libertad. Defender al prisionero.
Martes 2 de abril - Emilio Grandío Seoane (Catedrático de Historia Contemporánea da USC): Recuperando o pasado: da Memoria Histórica á Memoria Democrática - Pasado arrincado: Lugares de Memoria en Galicia.
Fernando Serrulla Rech (Antropólogo forense do IMELGA): Antropoloxía forense do Plan Cuatrienal de fosas en Galicia. Acción forense humanitaria na Guerra de España.
Ademais das conferencias, realizarase unha “Andaina Memorialista” entre a fosa común de Sestás e o campo de concentración de Camposancos que partirá o sábado 23 de marzo do IES A Sangriña ás 11:00. A andaina estará guiada por José A. Uris e Marcelino Laruelo.
Podes consultar o programa completo pulsando aquí.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
II XORNADAS DE MEMORIA HISTÓRICA.pdf | 7.08 MB |