01/12/2014 08:20
Etc/GMT+1
O pasado 1 de decembro un grupo de alumas e alumnos do IES A Sangriña, de diversos cursos, realizaron unha excursión a Compostela acompañados dos profesores Carlos Alonso, Antonio Cernadas e Alejo Diz. Visitaron, entre outras cousas, o convento de San Francisco, o Mosteiro de San Paio de Antealtares e a Catedral, onde - por grupos - puideron admirar e entender o Pórtico da Gloria, a Portada de Praterías, o Panteón Real e o Claustro.