Un grupo de alumnos e alumnas de 4º ESO A acudiu o pasado mércores 10 de febreiro aos laboratorios de Xeoloxía da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo para realizar unha análise de sedimentos da desembocadura do río Miño.
O traballo de investigación centrouse na análise granulométrica de mostras de sedimentos recollidos na praia de A Lamiña mediante un proceso de tamizaxe en seco. Así mesmo, realizouse unha determinación do contido en carbonato de calcio, o cal é indicativo da actividade biolóxica no areal.
Nos últimos anos o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía vén desenvolvendo este tipo de traballos ao longo dunha ampla marxe da desembocadura do río Miño e este ano o alumnado presentará os resultados dos seus traballos ao Premio Luís Freire, convocado polos museos coruñeses. Concurrirán tamén a este certame científico outros dous traballos que teñen por obxectivo actualizar a pegada ecolóxica do centro e a influencia das fases lunares nos nacementos.
Podes ver máis información consultando o BLOG de Contratos Programa.