Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Roteiro xeolóxico

O martes 2 de maio as alumnas e alumnos de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 1º de Bacharelato e o alumnado do programa internacional procedente de Dimanarca e Italia realizaron un roteiro xeolóxico pola zona do Baixo Miño acompañados polo doutor en Xeoloxía Francisco Canosa.

CAMIÑADA ORNITOLÓXICA

Compartimos con vós as fotografías da saída ornitolóxica para o avistamento de aves no Esteiro do Miño celebrada o pasado mes de febreiro. Nesta actividade participou alumnado de 1º de Bacharelato e foi organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Voz Natura e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. A nosa guía foi Lorena Franco Díaz de BIOPHILIA Axencia de Educación Ambiental (@biophilia_edamd).

II CONCURSO DE MERENDA SAUDABLE

O pasado 2 de marzo tivo lugar a segunda edición do concurso Merendas Saudables, organizado polo Grupo Innova Saúde en colaboración con Voz Natura, e que ten como obxectivo que o alumnado elabore merendas respectuosas coa saúde e co medio ambiente. O xurado determinou que a gañadora nesta edición fose a alumna de 1º ESO C Noa Paredes. Todas as merendas, porén, foron un exemplo de creatividade, polo que o resultado final estivo moi rifado. Parabéns ao alumnado participante e á vencedora!

ALUMNADO DE 1º DE ESO PERCORRE A CONTORNA

O pasado xoves 23 de febreiro o alumnado de 1º da ESO saíu a coñecer a súa vila e a súa contorna. Fixo paradas en edificios que contan a historia máis recente, coma o cemiterio da Guarda ou o Colexio dos Xesuítas e outras que lembran a nosa historia máis antiga coma as salinas romanas. Non faltou a camiñada polo senda litoral para coñecer a fauna e a flora que nos rodea. Finalizouse a visita cun xogo de pistas no Porto da Guarda no que o noso alumnado puxo en práctica todos os seus coñecementos sobre a vila.

Distribuir contido


by Dr. Radut