Skip to Content

Solicita un armario para a túa mochila

Reserva de armarios IES A Sangriña

Durante os próximos días recolleranse as solicitudes para a reserva de armarios para as mochilas. Tras consultar esta información, o alumnado entregará a súa solicitude conforme se corresponda coa súa situación.

ALUMNADO PREFERENTE

En primeiro lugar, os armarios serán asignados a aqueles alumnos e alumnas que acheguen un informe médico que xustifique unha especial prioridade para o uso deste tipo de recurso. O formulario de solicitude estará ao dispor do alumnado en conserxería e será entregado en xefatura de estudos, xunto co informe médico.

REPARTO DO RESTO DOS ARMARIOS

Se existise unha oferta de armarios superior á demanda medicamente xustificada, os restantes asignaranse ao alumnado de 1º de ESO, previa consulta dos titores e titoras, organizándose o reparto entre os e as estudantes interesados de menor a maior idade.

Data límite de entrega de solicitudes: 22 de outubro de 2024.

Aterramos en Nápoles co Digilinc!

Italia Digilinc IES A Sangriña

O IES A Sangriña está a participar nun programa Erasmus + KA210 denominado Digilinc.

Trátase dun proxecto internacional de inclusión social que pretende tamén protexer as linguas e expresións culturais europeas por medio da dixitalización. O programa, que foi aprobado pola Unión Europea de xeito meritorio, reúne a diferentes institucións colaboradoras: o Käthe-Kollwitz - Berufskolleg (Alemaña), o I.I.S. Alberti (Italia), o Falez Mesleki ve Teknil Anadolu Lisesi (Turquía) e o propio IES A Sangriña da Guarda.

Nesta fase, o alumnado dos diferentes países nunhas xornadas que se celebran en Nápoles Italia. O IES A Sangriña estará representado pola alumna Leire Fernández Martínez e os alumnos Lucas Pérez Vicente, Lucas Martínez Domínguez e Zakariaa Aboutoufil, todos eles de 1º de Bacharelato. Con eles viaxaron o profesor Alexandre Fernández e o coordinado de Proxectos Internacionais do centro, Juan Carlos López.

O Grupo de Igualdade trae "Diversidade sen atrancos"

 

DIVERSIDADE SEN ATRANCOS A SANGRIÑA

O Centro de Información á Muller do Concello da Guarda, na súa programación de outono, puxo en marcha en colaboración co Grupo de Igualdade do IES A Sangriña o proxecto Diversidade sen atrancos, coa finalidade de promover o uso da nosa lingua con accións que activen a concienciación do respecto á diversidade e á diferenza, subvencionado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Este proxecto componse de dúas actividades, por unha banda temos unha proposta cultural, dirixida ao público en xeral e por outra, uns obradoiros que levan por título quen é quen? dirixidos ao alumnado de Formación Profesional e da ESO, onde se aprenden as diferentes identidades de xénero e as orientacións do desexo. O obxectivo é fomentar a comprensión, o respecto e a empatía cara a diversidade creando un espazo seguro onde o alumnado poida dialogar sobre estes temas de maneira aberta e libre de prexuízos.

O día 4 de outubro realizouse tamén a representación teatral de Brokeback Sabucedo, que tivo lugar no Centro cultural da Guarda.

QUEN DIXO MEDO!!! IV Certame de contos de misterio e terror

samaín a sangriña 2024

Escribe o teu relato para a noite de defuntos e preséntate ao IV Certame de contos de misterio e de terror "QUEN DIXO MEDO!!!". Celebra o Samaín 2024 co Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES A Sangriña.

COMO PARTICIPAR?

  • Non hai límite de palabras, pero só terás unha páxina de espazo. Podes facer a letra endemoñadamente pequena.
  • Se queres, acompaña o texto dunha imaxe horripilante (aínda que non sexa obrigatorio).
  • Haberá dúas categorías e un premio para cada unha delas: CATEGORÍA A (alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO) e CATEGORÍA B (alumnado de 4º de ESO e Bacharelato). O alumnado de FP participará na categoría que por idade lle corresponda.
  • Envía o teu relato por e-mail á conta asangrinha.edlg@gmail.com indicando o teu nome completo, curso e grupo. A data límite de recepción será o 30 de outubro. Os mellores traballos publicaranse en Internet.

Os premios terán un importe de 30 € e serán entregados nun vale que deberá empregarse na libraría Atlántica.

Avaliacións iniciais do IES A Sangriña

Avaliacións iniciais IES A Sangriña

Publicamos o calendario da avaliación inicial de ESO e FP Básica deste novo curso académico 2024 - 2025.

A avaliación inicial é unha primeira avaliación que ten carácter diagnóstico e se realiza ao comezo do curso escolar. É un proceso que permite avaliar a actividade educativa e coñecer en que medida se avanzou ou se retrocedeu nos obxectivos previamente establecidos para intervir na súa mellora.

Entrega dos libros da ANPA

entrega libros anpa sangriña

Reproducimos a contionuación a información achegada pola Asociación de Nais e Pais do IES A Sangriña:

O repartos de libros para os socios da ANPA que solicitaron o préstamos de libros vaise realizar do seguinte modo:

  • 1 ESO e 4 ESO: martes día 24 de setembro. Horario 18.30 h a 20.30 h
  • 2 ESO e 3 ESO: mércores día 25 setembro. Horario 17.30 h a 20.30 h
  • 1 BACH e 2 BACH: xoves día 26 setembro. Horario 17.30 h a 20.30 h

Por motivos de organización dos libros, e do persoal implicado no reparto é importante adaptarse a estes días. Inda que o xoves, poderán pasar a recoller os libros tamén aquelas familias da ESO que no puideron pasar o día que tiñan asignado.

Só se farán as entregas a adultos da familia, posto que tedes que firmar un documento do préstamo.

A delegación italiana xa está na Guarda

italia intercambio terni sangriña

O alumnado do Liceo Francesco Angeloni, de Terni (Italia), xa se encontra no IES A Sangriña.

Neste caso trátase das e dos estudantes que foron visitados polo noso alumnado de 1º de Bacharelato do pasado ano, que non puideron vir durante o curso 2023 - 2024 por problemas loxísticos. Agora, solucionados todos os pormenores, a delegación italiana xa se encontra entre nós e todos os rapaces e rapaces están xa aloxados cos seus correspondentes.

Onte, comezaron a coñecer a nosa terra gozando das fantásticas vistas que o Trega proxecta sobre o océano e dunha visita guiada ao noso castro celta, un dos conxuntos arquitectónicos máis visitados do país.

O profesor Alonso Montero fálanos sobre Lorca e Gómez del Valle

alonso montero lorca sangriña

Esta mañá, o Profesor Xesús Alonso Montero visitou novamente o noso centro para nos falar sobre Manuel Gómez del Valle e Federico García Lorca.

A conferencia versou sobre a vida e obra destes dous poetas, o primeiro galego de nacemento e o segundo granadino con produción na nosa lingua. Ambos autores foron asasinados en agosto de 1936 polos sublevados franquistas, motivo polo cal a memoria histórica foi outro dos temas centrais da conversa. 

Este evento terá continuidade na tarde deste mesmo 19 de setembro na Sala de Plenos do Concello da Guarda cunha charla coloquio que será amenizada coa actuación do coro "Cantos de Liberdade".

Reparto de libros de texto de 4º de ESO

eso 4 sangriña

O mércores 18 de setembro, procederase ao reparto de libros do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO de 4º ESO no seguinte horario:

  • 9:15 - 9:45 - 4º ESO A
  • 9:45 - 10:15 - 4º ESO B
  • 10:15 - 10:45 - 4º ESO C

Só poderán recoller os libros de texto o pai, a nai ou o/a titor/titora legal do alumno ou da alumna beneficiaria do Fondo Solidario de Libros de Texto. No caso de que nese día non podan asistir á entrega dos libros poden autorizar a unha persoa maior de idade para que así o faga. (Na autorización deberán constar os nomes, apelidos e DNI da persoa autorizada e da que autoriza a recollida de libros).

Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse á vicedirección do centro.

As nosas alumnas Edumob chegaron a Francia

Edumob francés IES A SANGRIÑA

As estudantes de intercambio de francés do IES A Sangriña xa chegaron a Francia co programa Edumob. EduMob é un programa de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Grand Est (Francia) para o curso 2024/2025.

Estamos seguros de que esta estadía será moi produtiva, de que perfeccionarán o seu francés e de que vivirán unha importante experiencia de crecemento persoal.

Distribuir contido


by Dr. Radut