Hoxe en día a doazón e transplante de órganos é unha práctica terapéutica perfectamente consolidada na nosa contorna, que foi un agasallo de vida para as máis de 9 700 persoas que recibiron un órgano e máis de 20 000 que recibiron un tecido na nosa comunidade.
Debemos destacar o labor de todos os colectivos profesionais que dalgunha maneira fan posible o funcionamiento do programa de doazón e transplante así como o máis merecido recoñecemento aos máis de 3 300 doantes galegos e aos seus familias pola solidariedade mostrada, porque cando dixeron SI á doazón, dixeron SI ao mellor agasallo que é a VIDA; "a vida, o mellor agasallo".
Para coñecer de preto esta realidade, o departamento de Ciencias Naturais organizou unha charla na que se expuxeron vivencias desde o punto de vista dun doutor especializado e dun paciente transplantado. Na sesión participou o alumnado de 3º de ESO e o alumnado de Anatomía Aplicada de 1º de Bacharelato.
Para saber máis, preme aquí.