Skip to Content

A dramaturxia e a literatura da man de Nando López

Nando López IES A Sangriña

Hoxe estivo co noso alumnado de 1º de ESO o autor Nando López, que nos obsequiou cunha animada charla organizada da man do departamento de Lingua Castelá e Literatura.

Nando López (Barcelona, ​​1977) é novelista, dramaturgo e doutor cum laude en Filoloxía Hispánica. Foi finalista do Premio Nadal en 2010 con The Age of Wrath e na súa traxectoria narrativa, títulos como Cuando todo era fácil, El sonido de los cuerpos, Las vidas que inventamos ou La inmortalidad del cangrejo, ademais de novelas con gran éxito entre o público xuvenil como El reino de las Tres Lunas ou Los nombres del fuego (ambos publicados en Loqueleo).

Por que tiene que ser todo tan difícil é unha peza de teatro que conta unha semana na vida dun grupo de amigos. Cada un cos seus conflitos, o seu medos, as súas ansiedades, as súas paixóns. Teñen trece anos, moitos soños e infinitas dúbidas. Neste grupo todos gardan algún segredo; aínda que, se é certo que durante as eclipses ocorren cousas especiais, quizais estean a piques de saír á luz. E entón, sexa difícil ou non, deben decidir que facer con eles.

A peza pretende iniciar os mozos e mozas á lectura de textos teatrais, o que supón un forte compromiso ao que o autor se atreve, e faino con toda a graza, con toda a poesía e con todo o ritmo ao que nós ten afeitos.

Visítanos Marisa Sánchez da UIE

uie a sangriña

Hoxe visitou o noso centro Marisa Sánchez para presentarnos a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE). A poñente é Especialista da Área de Admisións, Experiencia de Estudante e Alumnos desta universidade.

A UIE é unha universidade privada que ten a súa sede institucional en Santiago de Compostela e conta con campus nas cidades de Vigo e A Coruña. A UIE promociónase destacando a súa metodoloxía e oferta formativas enfocadas á innovación, á empresa e á tecnoloxía. Un dos seus compromisos é que os seus estudantes poderán estudar desde onde queiran, ao seu ritmo, adquirindo todas as aptitudes para o seu éxito profesional e con experiencia laboral real.

 

Visítanos Laura Sáez da U-TAD

Laura Gámez Gallardo UTAD IES A Sangriña

Hoxe visitounos a profesora Laura Gámez Gallardo, profesora do U-tad (Centro Universitario de Tecnología y Arte Digital).

U-tad está formada por un equipo de profesionais do sector cunha ampla experiencia nas áreas de Enxeñaría, Deseño, Animación e Videoxogos dende os anos 90, cunha recoñecida experiencia e unha traxectoria profesional de primeiro nivel. O enfoque do Centro Universitario, o deseño de plans de estudos, os proxectos universitarios, as relacións coa industria e a filosofía do centro están enfocados a formar profesionais competentes e diferenciais no mercado, que acheguen valor ás empresas e aos equipos nos que se atopan integrado. En definitiva, formamos profesionais con capacidade para engadir valor e coñecemento, e que teñan unha progresión profesional ao ritmo do sector.

O alumnado de FP decora o centro para o Samaín

Foto Samaín FP IES A Sangriña

O alumnado de Formación Profesional contribuiu á celebración do noso centro decorando os seus corredores para conmemoras esta data. 

Tumbas, arañeiras e morcegos recibiron a estudantes e profesorado na mañá previa á noite de defuntos. Moitas grazas polo traballo a todo o alumnado que participou no proxecto!

Cea terrorífica no instituto

Samaín IES A Sangriña

Onte tivo lugar a Cea terrorífica no IES A Sangriña, organizada dentro do Proxecto Competencial de 4º de ESO sobre a literatura de tradición oral.

O alumnado participante relatou contos de medo sobre a santa compaña, ánimas en pena, lavandeiras que enxugan sabas sanguiñentas na fonte de San Gregorio ou mozas espectrais que aparecen na curva das Loucenzas… e o profesorado organizador dos departamentos de Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura e Portugués ocupouse de que pasasen o medo da súa vida. Nin a cea puideron comer tranquilamente, xa que non cesaron os ruídos arrepiantes, as carreiras e as aparicións fantasmais nesta velada do terror.

Feliz Samaín a todas e todos!

Celabramos un magosto cheo de xogos!

Magosto IES A SANGRIÑA

No IES A Sangriña celebramos un grande magosto organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega... que non sería posíbel sen a colaboración do departamento de Automoción e, en especial, do alumnado de Mantemento de vehículos... que se encargou de asar e repartir as castañas e de preparar toda a infraestrutura necesaria.

O departamento de Educación Física e o profesorado con docencia nestas últimas horas da mañá traballaron para que fose posíbel divertirse con moitos xogos populares. A ra, o tiro da corda, as cadeiras musicais, os zancos, a comba e as chapas axudáronnos a dixerir as castañas en canto nos divertiamos e xogabamos cos compañeiros e compañeiras!

Preséntannos o Grao de Enxeñaría Aeroespacial

Enxeñaría Aeronáutica IES A Sangriña

O departamento de Orientación organizou unha interesantísima charla co profesor axudante doutor da Universidade de Vigo Fernando Veiga López. O integrante do departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente e docente das materias de Sistemas avanzados de navegación aérea e de Aviónica.

Fernando Veiga López é enxeñeiro aeronáutico pola Universidade Politécnica de Madrid e a TU Delft no ano 2016. Doutor en Mecánica de Fluídos pola Universidade Carlos III de Madrid no ano 2020. Premio extraordinario de doutoramento. Vinculado á Universidade de Vigo desde o ano 2023. Experto en combustibles renovables e operacións aeronáuticas en espazos urbanos. Autor de 15 artigos en revistas científicas de alto impacto e participante en 14 proxectos de investigación. Actualmente dirixe dúas teses de doutoramento.

Diplomas para os participantes na mentoría de EduReferentes

EduReferentes IES A Sangriña

Hoxe, o alumnado participante no programa de mentoría de EduReferentes recibiu os seus diplomas acreditativos.

Os programas Referentes nas Aulas e EduReferentes de Executivas de Galicia nacen da necesidade de contar con referentes femininos que sirvan como exemplos para as xeracións novas na súa actividade profesional, para que se dea visibilidade ás numerosas mulleres profesionais galegas que son referentes nos seus respectivos sectores. Ambos os programas son unha parte fundamental do proxecto Referentes Galegas, a través do cal se realizan encontros de mulleres referentes de Galicia con estudantes de ESO, FP e 1º de Bacharelato, de entre 15 e 18 anos, da comunidade de Galicia.

As nosas alumnas conseguen o Diplôme d’études en langue française

Diploma DELF B1 de Francés IES A Sangriña

As nosas alumnas Alba Rodríguez Taboada, Lucía Alfaya Rodríguez e Marta Rodríguez Rodríguez veñen de conseguir Diplôme d’études en langue française (Diploma de Estudos en Lingua Francesa), que é unha certificación oficial expedida polo Ministerio de Educación Nacional de Francia.

O nivel acadado, o DELF B1, é o terceiro nivel dos 6 niveis do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) e certifica que un falante é capaz de comprender os puntos principais de textos claros en lingua estándar se tratan temas que lle son coñecidos, xa sexa en situacións de traballo, estudo ou lecer.

Folga de autobuses 28 de outubro

Folga de autobuses

No IES A Sangriña vimos de recibir hoxe a seguinte comunicación do Servizo de Xestión do Transporte Escolar da Xunta de Galicia:

No Diario Oficial de Galicia do venres 25 de outubro de 2024 publicouse a ORDE do 23 de outubro de 2024 pola que se establecen os servizos mínimos que se prestarán durante a folga xeral no sector do transporte de viaxeiros e de mercadorías por estrada, convocada pola Confederación Sindical de Comisións Obreiras (CC.OO.) e a Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores (UGT) para os días 28 de outubro, 11, 28 e 29 de novembro, e 5, 9 e 23 de decembro.

 

Os servizos mínimos nos contratos de transporte escolar de uso especial (Códigos ED......) serán os seguintes:

 

“B) Servizos de transporte público regular de uso especial-escolares: o campo destes servizos resulta especialmente sensible, tanto por ser o transporte un mecanismo auxiliar para o exercicio dun dereito fundamental como é o da educación, como polas especiais exixencias que implica a protección aos menores.

 

Do mesmo xeito, a dispersión poboación en Galicia determina que, diariamente, se teña que realizar unha significativa cantidade de desprazamentos para os cales non existe alternativa real de mobilidade, polo que o mantemento dos servizos de transporte público resulta fundamental.

 

Coa finalidade de ponderar a garantía do dereito esencial á folga dos traballadores e traballadoras, xunto coa garantía do igualmente elemental dereito de acceso ao sistema educativo, deberán manterse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde as 7.30 ata as 10.30 horas, e os de saída desde as 13.30 ata as 19.00 horas, nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio cuxa lonxitude total sexa superior a catro quilómetros.”

Distribuir contido


by Dr. Radut