No IES A Sangriña vimos de recibir hoxe a seguinte comunicación do Servizo de Xestión do Transporte Escolar da Xunta de Galicia:
No Diario Oficial de Galicia do venres 25 de outubro de 2024 publicouse a ORDE do 23 de outubro de 2024 pola que se establecen os servizos mínimos que se prestarán durante a folga xeral no sector do transporte de viaxeiros e de mercadorías por estrada, convocada pola Confederación Sindical de Comisións Obreiras (CC.OO.) e a Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores (UGT) para os días 28 de outubro, 11, 28 e 29 de novembro, e 5, 9 e 23 de decembro.
Os servizos mínimos nos contratos de transporte escolar de uso especial (Códigos ED......) serán os seguintes:
“B) Servizos de transporte público regular de uso especial-escolares: o campo destes servizos resulta especialmente sensible, tanto por ser o transporte un mecanismo auxiliar para o exercicio dun dereito fundamental como é o da educación, como polas especiais exixencias que implica a protección aos menores.
Do mesmo xeito, a dispersión poboación en Galicia determina que, diariamente, se teña que realizar unha significativa cantidade de desprazamentos para os cales non existe alternativa real de mobilidade, polo que o mantemento dos servizos de transporte público resulta fundamental.
Coa finalidade de ponderar a garantía do dereito esencial á folga dos traballadores e traballadoras, xunto coa garantía do igualmente elemental dereito de acceso ao sistema educativo, deberán manterse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde as 7.30 ata as 10.30 horas, e os de saída desde as 13.30 ata as 19.00 horas, nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio cuxa lonxitude total sexa superior a catro quilómetros.”