Onte, o departamento de Educación Física organizou, coa empresa Arrepións, unha trepidante actividade de rafting.
O rafting fluvial é unha actividade deportiva e recreativa que consiste en baixar o río no sentido da corrente, normalmente nalgún tipo de embarcación ou balsa. Arrepións é unha empresa pioneira, xa que foi a primeira empresa de turismo activo creada en Galicia, levan navegando os ríos desde 1990. Os seus servizos inclúen actividades de lecer acuático en diversos lugares. En concreto, ofrece rafting e kayak no río Ulla (Ponteledesma), rafting no río Deza (Vila de Cruces) e hidrospeed no río Ulla (Herbón).