Esta semana, o equipo de fútbol gaélico do Baixo Miño, Grovias, colaborou co noso centro organizando un grande número de sesións de demostración deste fantástico deporte que está en constante crecemento no noso país. En colaboración co departamento de Educación Física, as integrantes de Grovias axudaron ao noso alumnado a achegarse a esta práctica deportiva.
O fútbol gaélico é unha variante do fútbol xogada principalmente en Irlanda, sendo o deporte con maior popularidade deste país (enchen estadios de 82.300 persoas). Xógase en equipos de 15 xogadores (no noso país son 9) nun campo rectangular de céspede, con porterías en forma de H a ámbolos dous lados. Esta especialidade ten cada vez máis arraigo na nosa comunidade e Galiza conta até coa súa selección, tanto masculina como feminina, que desputa campionatos oficiais.
Para saber máis de Grovias, non deixes de seguir o equipo tanto en Instagram como en Facebook.
Tamén podes seguir esta ligazón e ver un vídeo do noso alumnado!