Día Mundial do Medio Ambiente: Fálalle de Min
FÁLALLE DE MIN. A Praia de Pereira Torta próxima ó areal do Porrón está nunha situación de contaminación extrema. O primeiro día en achegarnos foi o martes e levamos 2 días, a iniciativa do propio alumnado, limpando a cantidade infinita de plástico acumulado. O alumnado está moi concienciado e expresou a súa preocupación. Queremos pedir a colaboración do @cra_de_rianxo, da cidadanía de Rianxo e a do @concelloderianxo e @julian_bustelo para que nos boten unha man nesta campaña. A Escola de Abuín quere falar alto e claro desta situación para que non quede no esquecemento. Prégase compartir a publicación e se é posible sumar máis grans de area nesta acción para o coidado do noso medio natural.
»
- blogue de admin
- APIs de Blogue